4.5 (10 de decembro de 2021) 3.4 (2 de abril de 2019) 3.3.2 (22 de agosto de 2018) 3.3 (26 de xullo de 2018) 4.0 (1 de xullo de 2019) 4.2.1 (17 de abril de 2020) 4.1 (27 de novembro de 2019) 4.3 (1 de outubro de 2020) 3.2 (25 de xaneiro de 2018) 3.0 (29 de marzo de 2017) 2.4 (20 de marzo de 2015) 3.1 (22 de novembro de 2017) 2.5 (17 de xullo de 2015) 2.7 (27 de xaneiro de 2016) 2.6 (6 de outubro de 2015) 4.4 (15 de maio de 2021)
Glottolog é un proxecto da base de datos bibliográfica das linguas do mundo, en particular, das menos coñecidas. Creado polo Instituto Max Planck de Leipzig, Alemaña, é un intento de acadar unha fonte bibliográfica completa para as linguas do mundo (95% da diversidade lingüística do mundo) e para achegar unha forte base empírica para as definicións de linguas e as clasificacións da linguaxe.[1] Está composto dun catálogo de linguas e familias de linguas do mundo chamado "Languoid" e a súa bibliografía " Langdoc ". Asígnase un identificador único e estable, o Glottocode, a todas as familias, linguas e dialectos, chamado "langoids ", que se identifican. Estes son organizadas a través dunha clasificación xenealóxica (a árbore Glottolog), que está baseada nas máis recentes investigacións dispoñibles. Ofrece acceso a máis de 180 000 referencias de traballos descritivos, tales como gramáticas, dicionarios, listaxes de palabras e textos.[2],[3]