Saltar ao contido

El Dorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Dorado
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Continente
Códigos e identificadores
VIAF313029272 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01qsdq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX528226
Wikidata
O zipa adoitaba cubrir o seu corpo con po de ouro, e dende a súa balsa, ofrecía tesouros á deusa Guatavita na metade do lago sagrado. Esta antiga tradición muisca converteuse na orixe da lenda de El Dorado.

El Dorado é un reino ou cidade lendario, que supostamente se atopa no territorio do antigo Vicerreinado de Nova Granada, nunha zona onde se cría que existían abondosas minas de ouro.[1] A lenda orixinouse no século XVI, en Quito (Ecuador), cando os conquistadores españois teñen novas dunha cerimonia realizada máis ó norte (Altiplano Cundiboyacense), onde un rei se cubría o corpo con po de ouro e realizaba ofrendas nunha lagoa sagrada.[2][3] Hoxe en día, sábese que este pobo era o muisca e o sitio onde se realizaba a cerimonia era a lagoa de Guatavita (Colombia).[4] A noticia da riqueza muisca atrouxo até a sabana de Bogotá expedicións orixinadas en Quito (Ecuador),[5] Santa Marta (Colombia)[6] e Coro (Venezuela).[5] A suposta existencia dun reino dourado motivou numerosas expedicións e mantívose vixente até o século XIX,[7] aínda que a súa localización foise trasladando dende Colombia cara a Güiana,[8] a medida que avanzaba o proceso de conquista e colonización do territorio suramericano.[9]

  1. " (libro virtual). Cartas de la Real Audiencia de Santo Domingo (1530-1546). Genaro Rodríguez Morel."
  2. " Arquivado 15 de marzo de 2017 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
  3. "."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
  4. " Arquivado 07 de xullo de 2019 en Wayback Machine.."El Dorado - Liborio Zerda - Publicaciones del Ministerio de Educación de Colombia (1947)."
  5. 1 2 " Arquivado 15 de agosto de 2017 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
  6. " Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine.."Biblioteca Luis Ángel Arango- Bogotá Colombia."
  7. "."Un mito geográfico de larga tradición: La perduración cartográfica de la Laguna Parima" - Jesús María Porro.
  8. "."Crónicas de El Dorado - Oscar Rodríguez Ortíz."
  9. "."Un mito geográfico de larga tradición: La perduración cartográfica de la Laguna Parime" - Jesús María Porro.