Balsa muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balsa muisca
Material:Ouro e cobre
Estilo:Ourivaría precolombiana
Medidas:Altura: 10,2 cm
Lonxitude: 19,5 cm
Anchura: 10,1 cm
Ano da descuberta:1969
Lugar:Preto de Pasca, Colombia
Data:600 e 1600
Museo:Museo do Ouro de Bogotá

A balsa muisca ou balsa dourada é unha peza de ourivaría precolombiana votiva feita pola cultura muisca na rexión xeográfica que actualmente corresponde ó centro de Colombia. A peza atópase exhibida no Museo do Ouro de Bogotá.[1] Cóidase que a figura foi elaborada entre os anos 600 e 1600 d. C. por fundición de cera perdida en ouro cunha pequena cantidade de cobre.[2]

A figura fai alusión á cerimonia da lenda de El Dorado. Representa o acto de investidura de poder dos xefes muiscas que se celebraba na lagoa de Guatavita, na cal o herdeiro do cacicado cubría o seu corpo con ouro en po e acompañado do pobo guindaba ouro e esmeraldas como ofrenda ós deuses.[3] A peza ten unha base coa forma dunha embarcación de troncos cunhas dimensións de 19,5 x 10,1 cm e varias figuras sobre a balsa; a meirande figura que se destaca na metade aparentemente representa ó cacique, o cal está adornado con tocados, narigueiras e orelleiras, mide 10,2 cm de altura e está rodeado polos seus soldados, que levan estandartes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Símbolos de la Nación: La balsa muisca y el Dorado". Museo do Ouro. Consultado o 25 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 Botero Cuervo, Clara Isabel (2008). Museo del Oro. Bogotá: Banco da República. p. 210-212. ISBN 978-958-664-206-4. 
  3. Botero Cuervo, Clara Isabel (2007). Museo del Oro: patrimonio milenario de Colombia. Bogotá: Banco da República. p. 212.