Saltar ao contido

Chibchacum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chibchacum
Deus da chuvia e o trono
Membro da Relixión muisca
As tormentas e os asolagamentos son identificados como a ira de Chibchacum.
AfiliaciónSué (Sol)
Cuchavira (arco da vella)
Chaquén (fertilidade)
XéneroMasculino
RexiónAltiplano Cundiboyacense
Colombia
Grupo étnicoPobo muisca
Equivalentes
Equivalente gregoZeus
Equivalente romanoXúpiter

Chibchacum é o deus da choiva e do trono dos muiscas. Os principais estudos sobre esta deidade son obra de Javier Ocampo López.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Hai unha historia que narra como os muiscas adoraban unha roca e adoraban a Bochica. Chibchacum estaba moi anoxado e rebelouse contra Bochica. Baixou á Terra e viu unha muller, Chié, que ía buscar auga. Chibchacum convenceuna de que se unise á súa rebelión, prometéndolle a Chié que sería raíña unha vez que Bochica fose asasinado. Chié uniuselles, e axiña comezou unha guerra civil. Chié foi maldicida por Bochica e converteuse nunha curuxa. O seu plan fracasou, e Chibchacum artellou a súa vinganza. Pronunciou un feitizo que causou un gran asulagamento. A xente pregoulle a Bochica que os deixase vivir e que en troques o adorarían. Entón, unha vez que Bochica creou un val para drenar o asulagamento, sabía que tiña que castigar a Chibchacum. Bochica maldiciu a Chibchacum forzándoo a levar á Nai Terra sobre o lombo.[2] Deste xeito, os muiscas crían que cando había un terremoto, era Chibchacum cambiando a súa carga de brazo.[3]

  1. Ocampo López, 2013
  2. Coulter, Charles Russell (2013). Encyclopedia of Ancient Deities. Routledge. p. 235. 
  3. Sepehri, Sandy (2006). Why Chibchacum Carries the World: Based on a Chibcha Myth. Rourke Pub. pp. 32. ISBN 1600442153.