Confederación muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Confederación Muisca

1450–1537
Confederación muisca
no Altiplano Cundiboyacense
Goberno do Zaque en amarelo
Goberno do Zipa en verde
Territorios independentes en vermello
Capital Hunza e Bacatá
(~1450–1540)
Lingua Muysccubun
Relixión Relixión muisca
Goberno Monarquía
zaque e zipa
 • ~1450-1470 zaque Hunzahúa
zipa Meicuchuca
 • 1470–1490 zaque Saguamanchica
zipa Michuá
 • 1490–1537

1490–1514
zaque Quemuenchatocha
zipa Nemequene
 • 1514–1537 zipa Tisquesusa
 • 1537-1540
1537-1539
zaque Aquiminzaque
zipa Zaquesazipa
Período histórico América precolombiana
 • Establecido 1450
 • Conquista española das nacións chibchas 1537
Superficie
 • 1537 46.972 km²
Poboación
 • 1537 est. 2.000.000 
     Densidade 42,6/km²

A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.

A Confederación xurdiu cara o 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]

Poboación[editar | editar a fonte]

Descoñécese en gran medida o número de habitantes que conformaban a Confederación Muisca, por mor de non existir censos confiables. Algo semellante ocorre en todo o continente. Existen tres correntes principais sobre a poboación muisca prehispánica:

  • Corrente baixista: De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300 000 a 500 000.[2] Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados.
  • Corrente moderada: Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800 000 a 1 200 000 persoas,[3] pero coa invasión española reduciuse a 650 000.
  • Corrente alcista: A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2[3] a 3 millóns,[4] aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.[5]

Xerarquía social[editar | editar a fonte]

Os muiscas estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.[6] No seo de todas as familias muiscas se aplicaba o sistema de sucesión matrilineal, e o zipa só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos güechas.[7]

No muysccubun hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:

Algúns ornamentos dun gobernante muisca no Museo do Ouro de Bogotá.
  1. Zipa ou Zaque: Gobernante absoluto do Zipazgo ou do Zacazgo.
  2. Psihipqua: Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
  3. Uzaque: Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
  4. Zibyntyba: Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn.
  5. Tybarague: Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta.
  6. Chyquy: Sacerdote muisca.
  7. Pabahue: Amo e señor.
  8. Uaia: Ama e señora.
  9. Paba: Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas.
  10. Hue: Señor, ou xefe.
  11. Güecha: Guerreiro.
  12. Cupqua: Vasalo.
  13. Ubata: Servo comisionado para algunha misión especial.
  14. Tyuquyne: Mensaxeiro.
  15. Chuta: Criado.
  16. Bospquaoa: Criado do servizo doméstico.

Gobernantes muiscas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gobernantes muiscas.
A Balsa muisca é unha figura de ouro que representa a cerimonia de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa Sagrada de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural dos colombianos.[8]
Zipa Anos de reinado
Meicuchuca c. 1450-1470
Saguamanchica 1470-1490
Nemequene 1490-1514
Tisquesusa 1514-1538
Zaquesazipa 1538-1539
Zaque Anos de reinado
Hunzahúa -
Michuá Hasta 1490
Quemuenchatocha 1490-1537
Aquiminzaque 1537-1541

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introdución. París, 1871.
  2. Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria P.75-77
  3. 3,0 3,1 Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia P.43
  4. "Televisión". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2015. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  5. Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse Melo: Historia (P. 63-69) e en Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia (P.65-140).
  6. Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII
  7. Uricoechea, Ezequiel. Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha. (París, Maison Neuve, 1871) Introdcción, p. XXVIII
  8. [1] Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa Muisca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Enciclopedia de Colombia. (Editorial Océano. Tomo 2. Barcelona, España 2002).
  • Enciclopedia Colombia a su Alcance. (Espasa Siglo XXI. Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003).
  • Historia de Colombia. Tomo 1 (Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003).
  • Gran Enciclopedia de Colombia Temática. (Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994).
  • Fundación Misión Colombia: HISTORIA DE BOGOTÁ, Conquista y Colonia. (Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989).