Templo da Lúa (Chía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Templo da Lúa (Chía)
Datos xerais
País Colombia
RexiónCundinamarca
TipoTemplo
AdvocaciónDeusa Chía (a Lúa)
LocalizaciónChía
Coordenadas4°52′12″N 74°05′14″O / 4.86993333, -74.08730556Coordenadas: 4°52′12″N 74°05′14″O / 4.86993333, -74.08730556
Culto
CultoRelixión muisca
editar datos en Wikidata ]

O Templo da Lúa de Chía era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para a súa deusa da Lúa, Chía. O templo foi construído en Chía (Cundinamarca, Colombia), daquela parte da Confederación muisca. Era un dos templos máis importantes da relixión muisca.[1][2] O templo foi destruído durante conquista española do Altiplano Cundiboyacense. Coñécese moi pouco sobre o templo, que estaba asentado no outeiro Tíquiza no límite occidental de Chía con Tabio.[3]

Estrutura e adoración[editar | editar a fonte]

Escudo de armas de Chía, a Cidade da Lúa.

Os muiscas tiñan coñecementos avanzados de astronomía e construían os seus lugares sagrados de acordo coa posición dos corpos celestes. O Templo da Lúa, ó igual que El Infiernito ou o Templo do Sol de Sugamuxi foron construídos seguindo estes patróns.[4]

No templo os rituais eran organizados polos caciques e os zipas da Confederación muisca. Os caciques e sacerdotes do Templo da Lúa levaban roupas brancas, diferentes das do Templo do Sol, que eran vermellas.[3] O Templo do Sol non era só un lugar de adoración, senón tamén de educación dos novos caciques e dos gobernantes muiscas.[4][5][6]

Outros templos da Lúa no mundo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ocampo López, 2013, Ch.4, p.33
  2. Ocampo López, 2007, Ch.V, p.226
  3. 3,0 3,1 Muisca Precolombino Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. 4,0 4,1 (en castelán) Templo de la Luna in Chía - Pueblos Originarios
  5. Education at the Moon Temple, Chía (en castelán)
  6. Chía, Ciudad de la Luna - El Tiempo (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1. 
  • Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.