Saltar ao contido

Linguas barbacoanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas barbacoanas
 Instancia de
 Subclase de
Clasificación lingüística
Localización
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/068qvd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

As linguas barbacoanas son unha familia de linguas faladas en Colombia e Ecuador. As linguas barbacoanas ocupan unha área relativamente grande e fragmentada do sur de Colombia e das provincias costeiras de Ecuador. Existen cinco linguas vivas: cha’palaa (ou cayapa), tsafiki (ou colorado), awá pit (ou cuaiquer), guambiano (ou wam) e totoró:

As linguas barbacoanas constan de 5 linguas vivas, xa que o pasto, o muellama, o coconuco e o caranqui están hoxe extintas.

  • Setentrionais
  • Awan (tamén coñecida como awá ou pasto)
  • Awá pit (tamén coñecida como cuaiquer, coaiquer, kwaiker, awá, awa, telembi, sindagua, awa-cuaiquer, koaiker, telembí)
  • Pasto–muellama
  • Pasto (tamén coñecida como past awá) (†)
  • Muellama (tamén coñecida como muellamués, muelyama) (†)
  • Coconucos (tamén coñecida como guambiano–totoró)
  • Guambiano (tamén coñecida como mogües, moguez, mogés, wam, misak, guambiano-moguez, wambiano-mogés, moguex)
  • Totoró (tamén coñecida como polindara)
  • Coconuco (tamén coñecida como kokonuko, cauca, wanaka) (†)
  • Meridionais ? (Cayapa–tsafiki)
  • Caranqui (tamén coñecida como cara, kara, karanki, imbaya) (†)
  • Cha’palaa (tamén coñecida como cayapa, chachi, kayapa, nigua, cha’palaachi)
  • Tsafiki (tamén coñecida como colorado, tsafiqui, tsáfiki, colorado, tsáchela, tsachila, campaz, colima)