Gobernantes muiscas
Aparencia

Gobernado polo zaque en amarelo, polo zipa en verde.
A rexión central das terras altas colombianas estivo controlada por gobernantes muiscas cando os conquistadores españois chegaron á rexión. Estaban organizados nunha Confederación muisca, que tiña dous gobernantes; o zipa que era o gobernante da zona sur con capital Bacatá, hoxe coñecida como Bogotá, e o zaque que era o gobernante da zona norte con capital en Hunza, hoxe coñecida como Tunja.[1]
Zaques e Zipas
[editar | editar a fonte]| Gobernantes muisca de Hunza (zaques) | ||||
|---|---|---|---|---|
| Imaxe | Nome | Comezo | Remate | Detalles |
| Hunzahúa | ? | 1470 | Fundou a cidade de Hunza, hoxe Tunja | |
| Michuá | 1470 | 1490 | Morreu na batalla de Chocontá | |
| Quemuenchatocha | 1490 | 1537 | Gobernaba cando os españois chegaron a Colombia | |
| Aquiminzaque | 1537 | 1539 | Derradeiro gobernante muisca do norte | |
| Gobernantes muisca de Bacatá (zipas) | ||||
|---|---|---|---|---|
| Imaxe | Nome | Comezo | Remate | Detalles |
| Meicuchuca | 1450 | 1470 | ||
| Saguamanchica | 1470 | 1490 | Morreu na batalla de Chocontá | |
| Nemequene | 1490 | 1514 | Introduciu o Código de Nemequene | |
| Tisquesusa | 1514 | 1537 | Gobernaba cando os españois chegaron a Colombia | |
| Zaquesazipa | 1537 | 1539 | Derradeiro gobernante muisca do sur | |
Outros gobernantes
[editar | editar a fonte]| Gobernantes muiscas de Tundama e Sugamuxi | ||||
|---|---|---|---|---|
| Imaxe | Nome | Comezo | Remate | Detalles |
| Tundama | -1539 | Último gobernante de Tundama | ||
| Sugamuxi | -1539 | Último iraca de Sugamuxi | ||
| Nompanim | Segundo último iraca de Sugamuxi | |||
| Diego de Torres y Moyachoque | 1571 | 1590 | Cacique mestizo de Turmequé | |
Cacicados autónomos
[editar | editar a fonte]Os cacicados muiscas considerados como autónomos ou independientes, xa que non se centralizaran baixo un mesmo dirixente,[2] foron os de Saboyá, Charalá, Chipatá, Tacasquira e Tinjacá. Por outra banda, a confederación de Guanentá[3] pertencía ós guanes, e a de Cocuy[4] ós tunebos, ámbolos dous pobos de linguas chibchas, pero independentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bushnell, David (2012). Planeta, ed. Colombia: Una nación a pesar de sí misma. Bogotá. pp. 26–27. ISBN 978-958-42-1729-5.
- ↑ Tovar, La formación, 91-101; Falchetti y Plazas, El territorio, 45-6; Eduardo Londoño Laverde, “Los cacicazgos muiscas a la llegada de los conquistadores españoles: el caso del zacazgo o reino de Tunja”, tesis presentada para optar la licenciatura en antropología (Bogotá: Universidad de los Andes, 1985), 58-63 y “Guerras y fronteras: los límites territoriales del dominio prehispánico de Tunja”, Boletín del Museo del Oro (Bogotá), núms. 32-33 (1992): 3-19 y Ramírez y Sotomayor, “Subregionalización”, mapa No. 3, “Cacicazgos y división político–administrativa durante la Colonia”.
- ↑ Enumerada por RESTREPO op.cit. y HERNÁNDEZ R, op.cit.
- ↑ TOVAR 1980 op.cit. p.p.33-38.








