Lingua cuiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cuiba
Falado en: Colombia e Venezuela
Rexións: Ríos Meta, Casanare e Capanapara (Colombia) Apure (Venezuela)
Total de falantes: 2 900 (2007–2008)[1]
Familia: Americana
 Guahibana
  Cuiba
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cui

A lingua cuiba é unha lingua indíxena da familia guahibana, falada por unhas 2 300 persoas en Colombia e unhas 650 adicionais en Venezuela. Máis da metade dos falantes de cuiba son monolingües. O cuiba tamén é coñecido como cuiva, cuiba-wámonae, kuiva, chiricoa, hiwi e maiben. En Colombia é falado na rexión arredor dos ríos Meta, Casanare e Capanaparo. En Venezuela, a lingua é falada no estado de Apure, un dos estados que fan fronteira con Colombia, a carón do río Capanaparo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A lingua cuiba en Ethnologue". Consultado o 17 de abril de 2021.