A lingua opón-carare (tamén coñecida como opón, opone ou opón-karare) foi unha lingua infrecuentemente diverxente da familia lingüística caribe[1] que se falou outrora en Colombia. Falouse até mediados do século XX na marxe do río Magdalena, na conca dos ríos Sogamoso, Carare e Opón, no territorio do actual departamento colombiano de Santander.