Lagoa de Fúquene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 5°28′00″N 73°45′00″O / 5.46667, -73.75

Lagoa de Fúquene
Vista da lagoa de Fúquene

A lagoa de Fúquene é un corpo de auga doce que se atopa na localidade de Fúquene, entre os departamentos de Cundinamarca e Boyacá, ó leste dos Andes colombianos, a unha altitude de 2.540 metros, e a unha distancia duns 80 km da cidade de Bogotá.

Posúe numerosas illas, unha delas foi santuario dos muiscas; ademais, existían varios adoratorios atendidos por cen sacerdotes, así como un templo que seguramente foi erixido a Fu, un deus con cabeza e cola de raposo e figura humana que personificaba ó demo. Segundo conta a lenda, oculto baixo as augas e disposto a defender dos muzos, os seus dominios no val de Ubaté e Chiquinquirá, permanece Fu, o deus tutelar das augas desta lagoa.[1]

A lagoa é alimentada polo río Susa e desalimentada polo río Suárez.

Notas[editar | editar a fonte]