Nemequene
Aparencia
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XV Bacatá |
| Morte | 1514 (Gregoriano) Confederación muisca |
| Zipa | |
| 1490 – 1514 ← Saguamanchica – Tisquesusa → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo muisca |
| Relixión | Relixión muisca |
| Actividade | |
| Ocupación | Zipa |
| Outro | |
| Título | Zipa |
| Parentes | Saguamanchica, tío Tisquesusa, sobriño |
Nemequene, tamén coñecido como Nemeguene, foi o terceiro zipa de Bacatá, que hoxe é a actual capital de Colombia, Bogotá. Nemequene foi o gobernante da parte sur dos territorios muiscas entre 1490 e 1514. Ascendeu ó trono trala morte do seu tío, o zipa Saguamanchica, na Batalla de Chocontá. A súa contraparte na área norte, o zaque da confederación muisca, foi Quemuenchatocha.
Etimoloxía do nome
[editar | editar a fonte]A verba Nemequene, en muysccubun, ten dous significados: "Óso de xaguar" e "forza de xaguar". Trátase dunha palabra composta por dúas partes: nymy (xaguar, ou gato montés)[1] e quyne (óso ou forza).[2]
Como a vogal "y" era pronunciada polos muiscas de xeito intermedio entre o "e" e o "i", pero máis achegado ó "e",[3] perdurou a grafía "e" na escrita do nome.
| Predecesor: Saguamanchica |
Zipa de Bacatá 1490–1514 |
Sucesor: Tisquesusa |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario Muysccubun / nymy
- ↑ Dicionario Muysccubun / quyne
- ↑ Uricoechea, Ezequiel. Gramática, confesionario, catecismo y vocabulario de la lengua chibcha (París, 1871), Libro Primero, Capítulo 2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.
