Bochica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bochica
Deus da educación, mensaxeiro dos deuses
Membro da Relixión muisca
Al Dios Cuitiva.JPG
Estatua de Bochica en Cuítiva.
Outros nomesNemquetaha, Nemqueteba, Sadigua
AfiliaciónChiminigagua
XéneroMasculino
RexiónAltiplano Cundiboyacense
Flag of Colombia.svg Colombia
Grupo étnicoPobo muisca
Equivalentes
Equivalente gregoHermes
Equivalente romanoMercurio

Bochica (tamén chamado Nemquetaha, Nemqueteba e Sadigua) é unha figura da relixión dos muiscas, un pobo que habitou o Altiplano Cundiboyacense no momento da chegada dos conquistadores españois nas terras altas dos Andes de Colombia. Era o heroe fundador da súa civilización, que segundo a lenda trouxo as leis e a moral ás persoas e ensinoulles agricultura e outras artesanías.[1]

Lenda[editar | editar a fonte]

Segundo as lendas muiscas, Bochica era un home barbudo que veu do leste. El trouxo ós primitivos muiscas normas morais e éticas para organizar os seus estados, cun líder espiritual e outro líder secular. Bochica ensinoulle á xente agricultura, o traballo do metal e outras artesanías. Despois marchou cara ó oeste para vivir como un asceta. Cando os muiscas desenvolveron as ensinanzas de Bochica e comezaron unha vida de excesos, produciuse un gran asulagamento na sabana de Bogotá, onde vivían. Para axudar ó pobo, Bochica regresou nun arco da vella e cun golpe do seu bastón, creou a fervenza do Tequendama para drenar as augas do asulagamento.[1]

Bochica apareceu en Pasca en Cundinamarca e despois en Gámeza, Boyacá, onde o pobo lle amosou hospitalidade. Despois retirouse á cova de Toya, onde foi visitado por moitos caciques pola súa sabedoría. Os caciques de Tópaga, Tota, Pesca, Firavitoba e outros consultaron a Bochica. Despois, a deidade suprema dos muiscas, Chiminigagua, enviouno a Sugamuxi, a cidade sagrada onde se atopaba o Templo do Sol e onde se fixeron festivais na honra da súa chegada.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Silverberg, 1996
  2. Ocampo López, 2013, Ch.5, p.37

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]