O wayuu (en wayuu: Wayuunaiki), é unha lingua arauaca falada por 305000 persoas do pobo wayuu, que habitan no noroeste de Venezuela e no nordeste de Colombia, na península da Guajira. O wayuu é unha das grandes linguas arauacas. Existen diferenzas mínimas dependendo da rexión da Guajira na que vivan os falantes. A meirande parte dos mozos wayuu tamén falan español de xeito fluído. A extinta lingua guanebuca puido ter sido un dialecto do wayuu.
Para promover a integración cultural e o ensino bilingüe entre os wayuu e os outros colombianos, o Centro Etnoeducativo Kamusuchiwo’u desenvolveu unha iniciativa para crear un dicionario ilustrado wayuunaiki–español, español–wayuunaiki.[1] O wayuu está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]