Saltar ao contido

Lingua achagua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua achagua
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
514 Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/03h0wpt Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3aca Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5aca Editar o valor en Wikidata
IETFaca Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O achagua[1] é unha lingua da familia arauaca de Colombia.[2] Segundo datos de 2000 tiña uns 250 falantes.[3] O achagua está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Os achagua viven preto do río Meta, a maioría vive nun casarío de 50 casas, denominado Umapo no concello de Puerto López, outras 5 familias viven nun asentamento do departamento de Casanare.

A primeira obra en achagua é un dicionario compilado polos misioneiros Alonso Neira e Juan Ribero en 1726 e que permanece inédito, Arte y vocabulario de la lengua Achagua. Doctrina cristiana, confesionario de uno y otro sexo o instrucción de catecumenos. Dende 1983 véñense publicando materiais relixiosos e de aprendizaxe da lingua nun alfabeto propio desenvolvido por misioneiros protestantes.

Antes de chegaren os españois estímase o seu número entre 50.000 e 100.000, o grupo máis grande habitaba entre os ríos Vichada e Guavire, na rexión dos Llanos Orientales, aínda que tamén había grupos importantes nos Llanos de Casanare, Barinas ( ao longo do río Apure) e en Barraguán. No século XVIII comeza a diminuír o seu número, polas guerras de conquista dos españois e polas novas enfermidades traídas polos europeos, os que quedaron buscaron refuxio nas misións xesuítas.

  1. García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de setembro de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2017.
  2. Neira, Alonso de. World Digital Library, ed. "The Art and Vocabulary of the Achagua Language". Consultado o 23 de maio de 2013.
  3. "A lingua achagua en Ethnologue". Consultado o 8 de maio de 2019.
  4. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]