Gastronomía muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A chicha, unha bebida alcohólica feita de millo e azucre.
Aba, termo en muisca para o millo, era o principal alimento dos muiscas.

A gastronomía muisca describe os alimentos e a preparación da comida que realizaban os muiscas. Os muiscas foron unha civilización que habitaba as terras altas centrais dos Andes colombianos (o Altiplano Cundiboyacense) antes da conquista española na década de 1530. A súa dieta e gastronomía estaba formada por moitas especies animais e vexetais endémicas de Colombia.

O principal alimento dos muiscas era o millo en tódalas súas formas. A vantaxe do millo era que podía ser cultivado en varias zonas climáticas no territorio dos muiscas.[1] Era a base da súa dieta e principal ingrediente da bebida alcohólica, a chicha, feita de millo fermentado e azucre.

Segundo a relixión muisca, a agricultura e as celebracións da colleita segundo o seu complexo calendario, eran protexidas por Chaquén e Nencatacoa. Os muiscas comían unha gran variedade de raíces e tubérculos, e mesmo tiñan unha palabra específica na súa lingua para o acto de consumilos: bgysqua.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Restrepo, 2009, p.29
  2. García, 2012, p.65

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]