Saltar ao contido

Lingua boruca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua boruca
 Instancia de
 Subclase de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hxm6n Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3brn Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5brn Editar o valor en Wikidata
IETFbrn Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua boruca (en boruca: brúnkajk)[1] é unha lingua da familia chibcha falada polo pobo boruca en Costa Rica. O boruca pertence ao grupo de linguas do istmo das linguas chibchas. Aínda que se descoñece o número exacto de falantes, o Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO clasificou o boruca como "en perigo crítico".[2][1][3] Só cinco mulleres o falaban con fluidez en 1986, mentres que outras 30 a 35 persoas o falaban con soltura. O resto dos 1.000 membros da tribo falaban castelán.

O boruca ensínase como segunda lingua na escola primaria local Doris Z. Stone. Pódense escoitar palabras e frases de boruca mesturadas en conversas en castelán, mais é extremadamente raro escoitar intercambios prolongados nesta lingua.

  1. 1 2 Hanson, Seibert; E, Aroline (2019). "Reexamining the classification of an endangered language: The vitality of Brunca". Language Documentation & Conservation (en inglés) 13: 384–400. ISSN 1934-5275.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. UNESCO. “UNESCO Atlas of the World’s Languages in Danger”. 2017. http://www.unesco.org/languages-atlas/index.php.