Batalla de Pasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°18′27″N 74°18′03″O / 4.30750, -74.30083

Batalla de Pasca
Parte de Guerras da Confederación muisca

Mapa da Confederación muisca. Pasca está na fronteira sur cos sutagaos.
Data (~1470)
Lugar Pasca, territorio muisca
Resultado Vitoria do zipa. Os sutagaos pasaron a estar baixo dominio muisca.
Belixerantes
Zipazgo dos muiscas do sur Sutagaos e panches
Líderes
Saguamanchica cacique de Fusagasugá
Forzas en combate
~30 000[1] Descoñecido

A batalla de Pasca foi unha batalla entre o territorio sur da Confederación muisca, liderado polo seu zipa Saguamanchica, e a alianza entre os panches e os sutagaos, liderados polo cacique de Fusagasugá. A batalla tivo lugar c. 1470 preto de Pasca, na actual Cundinamarca, Colombia, e o resultado foi unha vitoria para Saguamanchica.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

Saguamanchica.

Antes da conquista española dos muiscas, as terras altas centrais dos Andes colombianos (o Altiplano Cundiboyacense) estaban habitadas por varios grupos indíxenas. Os máis numerosos eran os muiscas, que vivían nos vales centrais da Cordilleira Oriental. O líder dos muiscas do sur naquela época era Saguamanchica, sucesor do seu tío Meicuchuca. Os veciños dos muiscas no noroeste eran os muzos, ao sur deles estaban os inimigos tradicionais dos muiscas, os panches, e na parte máis meridional da actual Cundinamarca estaban os sutagaos.[2]

Batalla[editar | editar a fonte]

Guerreiro sutagao en Fusagasugá.

Pouco despois de tomar o poder arredor do ano 1470, Saguamanchica decidiu conquistar aos sutagaos. Enviou unha forza de avanzada para recoñecer a área e seguiu dende Bacatá cun exército de arredor de 30 000 güechas.[2] Os sutagaos agocháronse nos outeiros arredor do río Pasca xunto con varios dos seus aliados panches, mais Saguamanchica forzounos a presentar batalla. Despois dunha loita que durou 12 horas, os muiscas capturaron a Uzatama, un importante "cacique" (líder) dos sutagaos, o que provocou a fuxida dos sutagaos e dos panches.[3]

O cacique de Tibacuy foi quen negociou a submisión dos sutagaos a Saguamanchica.[2][3]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Uns vinte anos máis tarde, Saguamanchica volveu loitar noutra gran batalla, desta volta contra o líder dos muiscas do norte, o zaque Michuá. Nesta batalla, chamada batalla de Chocontá, morreron os dous líderes muiscas.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 De Piedrahita, 1688, p.30
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Biography Saguamanchica – Pueblos Originarios (en castelán)
  3. 3,0 3,1 De Piedrahita, 1688, p.31
  4. De Piedrahita, 1688, p.32

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]