Bachué
| Bachué | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Venerado por
| |||
|
Parte de
| |||
| Biografía | |||
|
Sexo
| |||
| Wikidata C:Commons |
A deusa Bachué (en lingua muisca: "a do peito espido"), é unha deusa nai que segundo a relixión muisca é a nai da humanidade. Xurdiu das augas da lagoa de Iguaque cun meniño no colo, quen medrou para devir no seu marido e poboar a Terra. Recibiu adoración nun templo na área do actual concello de Chíquiza, anteriormente chamado "San Pedro de Iguaque".
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]
Cando o neno medrou, Bachué casou con el e viaxou a través dos territorios dos muiscas. Cada vez que quedaba embaraza daba a luz entre catro e seis fillos. Os muiscas crían que tódalas persoas tiñan como antepasado común a Bachué. Cando os seus fillos medraron, Bachué regresou á lagoa de Iguague co seu primeiro fillo e despois dun dicursos final converteuse en dúas cobras xigantes e mergullouse na auga, convertendo este sitio nun lugar sagrado para os muiscas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ocampo López, 2007, Ch.V, p.220
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bachué |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.