Saltar ao contido

Lingua tuyuca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua tuyuca
Docapúaraye Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Docapúaraye (es) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
   570 (2009) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/09gpqdh Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3tue Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5tue Editar o valor en Wikidata
IETFtue Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua tuyuca[1] (tamén chamada dochkafuara, tejuca, tuyuka, dojkapuara, doxká-poárá, doka-poara, ou tuiuca) é unha lingua tucana oriental falada polo pobo tuyuca. Os tuyuca son un pobo indíxena composto por unhas 1000 persoas que habitan a carón dos ríos Papuri, Inambú e Tiquié, no departamento colombiano de Vaupés, así como no estado brasileiro de Amazonas. O tuyuca está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Gramática

[editar | editar a fonte]

O tuyuca é unha lingua postposicional, aglutinante e de tipoloxía suxeito obxecto verbo.[3] Emprega cinco paradigmas de evidencialidade: visual, non visual, aparente, de segunda man, e asumido, aínda que a evidencialidade de segunda man só existe no tempo pasado e a aparente non aparece na primeira persoa en tempo presente.[4] Estímase que a lingua ten entre 50 e 140 clases de substantivos.[5]

  1. ↑ "Agreement in tuyuca" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 09 de setembro de 2017. Consultado o 06 de abril de 2018.
  2. ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. ↑ "Evidentiality_and_Mirativity". Consultado o 5 de abril de 2018.
  4. ↑ Janet Barnes (1984). "Evidentials in the Tuyuca verb." International Journal of American Linguistics 50, pp. 255–71.
  5. ↑ The Economist, ed. (17 de decembro de 2009). "Difficult Languages: Tongue Twisters - In search of the world’s hardest language". Consultado o 23 de decembro de 2009.