Lingua minica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minica
Mɨnɨka
Falado en: Colombia e o Perú
Total de falantes: 6 800 (2002)
Familia: Bora-witoto
 Witoto-ocaina
  Witoto
   Minica-murui
    Minica
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hto
Mapa
Status

O minica está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua minica (mɨnɨka) é unha das tres linguas indíxenas da familia witoto. É falada por uns poucos milleiros de persoas no suroeste de Colombia.[2]

É falada na área superior do río Igara-Paraná, ó longo do río Caquetá e na illa de los Monos, así como no río Caguán preto de San Vicente del Caguán. En Colombia, o 75% deles están alfabetizados e o 85% están alfabetizados en castelán; a maioría dos falantes son bilingües. Existe un dicionario e unhas normas gramaticais.[2]

Só hai 5 falantes no Perú, onde ten unha consideración de oficial dentro da súa comunidade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ethnologue report for language code:hto