Batalla de Tocarema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°45′2″N 74°26′05″O / 4.75056, -74.43472

Batalla de Tocarema
Parte de Conquista española das nacións chibchas

Mapa da Confederación muisca. Tocarema está na fronteira entre os muiscas e os panches.
Data 19-20 de agosto de 1538
Lugar Tocarema, territorio panche
Resultado Vitoria dos españois
Belixerantes
Imperio Español
Zipazgo dos muiscas do sur
Caciques dos panches
Líderes
Gonzalo de Quesada
 Juan de St. Martín
 Juan de Céspedes
 Pedro de Valenzuela
Sagipa
Anolaima, Cochima, Lutaima, Lichinú, Ibiantor, Calandaima, Iqueima, Tocarema, Buluduaima, Matima e Siquima
Forzas en combate
50-100 españois
4000-20 000 guechas
Descoñecido

A batalla de Tocarema foi unha batalla entre unha alianza das tropas do conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada e o zipa Sagipa do sur da Confederación muisca, e os indíxenas panche. A batalla tivo lugar na tarde do 19 de agosto e a mañá do 20 de agosto de 1538 na verea Tocarema de Cachipay, Cundinamarca, Colombia que resultou nunha vitoria dos conquistadores.

A vitoria dos poderes coloniais españois sobre os panches non acabaron completamente coa resistencia indíxena no oeste de Cundinamarca. Foron precisas novas expedicións de conquista para subxugar os veciños occidentais dos muiscas, descritos polos cronistas Pedro de Aguado, Pedro Simón, Juan Freyle e Lucas Fernández de Piedrahita como belicosos e caníbales.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]