Pobo muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo muisca
Muisca raft Legend of El Dorado Offerings of gold.jpg
A Balsa muisca (entre o 1200–1500) é unha figura de ouro que representa a cerimonia sagrada de El Dorado, que tiña lugar na Lagoa de Guatavita. Esta peza atópase no Museo do Ouro de Bogotá, e é considerada un símbolo de Colombia e da identidade cultural muisca.[1]
Poboación
Poboación total:
14 051 (2005), sen incluír os descendentes mestizos[2]
9 800 000 (2005) incluíndo os descendentes mestizos [3][4]
Rexións principais:
Flag of Colombia.svg Colombia 14 051
Aspectos culturais
Lingua Lingua muisca
Relixión Culto a Sua (o Sol) e a Chie (a Lúa). Catolicismo, maioritariamente, após a conquista española das nacións chibchas.
Grupos
relacionados
Familia chibcha: arhuacos, kogui, tunebos, wiwa, chimila, yukpa, barí, tayronas.
Localización do territorio da Confederación muisca na actual Colombia.

Os muiscas son un pobo chibcha que formou a confederación muisca das terras dos Andes centrais na Cordilleira Oriental da actual Colombia, máis concretamente no Altiplano Cundiboyacense. Na actualidade, a poboación muisca case desapareceu, mais aínda pervive nalgúns concellos e distritos como Cota, Chía, Tenjo, Suba, Engativá, Tocancipá, Gachancipá e Ubaté.[5] Segundo o censo de 2005 feito polo Ministerio de Interior, 14 051 muiscas viven en Colombia.[2]

Como unha das catro civilizacións avanzadas de América (alén dos aztecas, os maias e os incas),[6] entraron en contacto co Imperio Español en 1537, no intre da conquista. Os subgrupos nos que se dividían os muisca foron identificados en función das alianzas arredor de tres grandes gobernantes: o zaque, con capital en Hunza, que gobernaba un territorio que abranguía as zonas sur e nordeste da actual Boyacá e o sur de Santander; o zipa, con capital en Bacatá, que gobernaba sobre Cundinamarca, o oeste dos Llanos e o nordeste de Tolima; e o Iraca, gobernador de Suamox, o nordeste de Boyacá e o suroeste de Santander. O territorio dos muiscas abranguía unha área de 47 000 km2[7] - unha rexión un chisco meirande que Suíza - dende o norte de Boyacá até o Páramo de Sumapaz, e dende a Cordilleira Oriental até o Val de Magdalena. Tiñan fronteira cos territorios dos panches e os pijaos.

No tempo da conquista, a área tiña unha importante poboación, e malia que o número preciso de habitantes é descoñecido, estímase que roldaba entre o medio millón e os tres millóns de habitantes. Os muiscas falaban o muysccubun, un dialecto do chibcha, tamén chamado muysca e mosca.[8] A súa economía estaba baseada na agricultura, na minaría do sal, a metalurxia e manufactura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa muisca.
  2. 2,0 2,1 (en castelán) Total population of Muisca in Colombia: 14,051 - Ministry of Internal Affairs - consultado o 21 de abril de 2016
  3. DANE, Censo Nacional de Poboación 2005.
  4. Ministerio de Cultura (2010) "Muiscas, los hijos de Bachué". Bogotá
  5. (en castelán) Wisner Gracia, Luis Eduardo, s.a. Etnografía Muisca: el resguardo de Cota - Banco de la República - accessed 21-04-2016
  6. Ocampo López, 2007, p.52
  7. (en castelán) Muisca area almost 47,000 km2, páxina 12
  8. (en castelán) Muysccubun, the language of the Muisca - Muysccubun dictionary online - consultado o 26 de abril de 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alcaldía Mayor de Bogotá, Secretaría de Gobierno 2003: Los ancestrales habitantes de Bogotá. 16.500 años de historia (tr.en. The Ancestral Inhabitants of Bogotá)
  • Bahn, Paul: Archaeology, Theories, Methods and Practice, 2nd edition, printed by Thames and Hudson, London, 1991. ISBN 0-500-27867-9
  • Bonnett Vélez, Diana 1999: "El caso del altiplano Cundiboyacense: 1750–1800". La ofensiva hacia las tierras comunales indígenas" (tr.en. The Case of the Cundiboyacense Highland: 1750–1800. The challenge toward the communitarian Indian lands). Universitas Humanistica 48. Santafé de Bogotá; Universidad Javieriana
  • Broadbent, Sylvia 1964: Los Chibchas: organización socio-política (tr.en The Chibcha People: Social and Politica Organization). Série Latinoamericana 5. Bogotá: Facultad de Sociología, Universidad Nacional de Colombia
  • Correal Urrego, Gonzalo 1990: "Evidencias culturales durante el Pleistoeno y Holoceno de Colombia" (tr.en Cultural Evidence of the Colombian Pleistocene and Holocene); Revista de Arqueología Americana 1:69–89. Instituto Panamericano de Geografía e Historia, México
  • Friede, Juan 1961: Los chibchas bajo la dominación española (tr.en. The Chibcha People under the Spaniard Rule). Bogotá: La Carreta
  • García, Antonio; Edith Jiménez y Blanca Ochoa 1946: "Resguardo Indígena de Tocancipá" (Tocancipá Indian Shelter); Boletín de Arqueología' 6 (1)
  • González de Pérez, María Stella 1987: Diccionario y Gramática Chibcha (Chibchan Dictionary and Grammar). Manuscrito anónimo de la Biblioteca Nacional de Colombia. Bogotá: Instituto Caro y Cuervo
  • Enciclopedia de Colombia Oceano (tr.en Colombian Encyclopedia Ocean). Tomo 2. Barcelona, España 2002
  • Enciclopedia de Colombia a su alcance Espasa Siglo (Colombian Encyclopedia within reach - Espasa Century). Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003
  • Hernández Rodríguez Guillermo 1949: De los Chibchas a la Colonia y la República (tr.en. From the Chibcha People to the Colony to the Republic). Bogotá: Ediciones Paraninfo, 1991
  • Historia de Colombia (tr.en. History of Colombia). Tomo 1 Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003
  • Gran Enciclopedia de Colombia Tematica. Tomos 1 y 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994
  • Fundación Misión Colombia: Historia de Bogota, Conquista y Colonia. Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989
  • Langebaek, Carl Henrik 1987: Mecados, poblamiento, e integración étnica entre los Muiscas. Bogotá: Banco de la República. ISBN 958-9028-40-3
  • Londoño, Eduardo 1998: Los muiscas: una reseña histórica con base en las primeras descripciones. Bogotá: Museo del Oro
  • Llano Restrepo, María Clara y Marcela Campuzano 1994: La Chicha, una bebida fermentada a través de la historia. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología
  • Lleras Pérez, Roberto 1990: "Diferentes oleadas de poblamiento en la prehistoria tardía de los Andes Orientales"; ponencia presentada en el simposio Los chibchas en América del II Congreso Mundial de Arqueología; Barquesimeto, Venezuela
  • Martínez, Fernando Antonio 1977: "A propósito de algunas supervivencias chibchas del habla de Bogotá"; Thesaurus 32
  • Posada, Francisco 1965: "El camino chibcha a la sociedadde clases". Tlatoani 6, suplemento. Mexico: Secretaria de Educación Publica. Escuela Nacional de Antropología e Historia, 1967
  • Rozo Guauta, José 1978: Los Muiscas: organización social y régimen político. Bogotá: Fondo Editorial Suramérica
  • Suescún Monroy, Armando 1987: La Economía Chibcha. Bogotá: Ediciones Tercer Mundo. ISBN 958-601-137-2
  • Tovar Pinzón, Hermes 1980: La formación social chibcha. Bogotá. CIEC
  • Wiesner García, Luis Eduardo 1987: "Supervivencia de las instituciones Muiscas: el Reguardo de Cota"; Maguaré 5: 235–259