Tundama (filme)
| Tundama | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Cor
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Ambientado en
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Tundama é un filme de animación en 3D colombiano estreado o 20 de xullo de 2020. Dirixido por Diego e Edison Yaya, contou coas voces de Leonardo Castellanos, Zulma Rincón, Omar Moyano, Óscar Peraffán e Magdalena Sánchez.[1] A realización do filme tardou arredor de seis anos e contou coa participación de 75 profesionais. Perante a continxencia xerada pola pandemia de COVID-19, Tundama foi unha das primeiras producións cinematográficas colombianas estreadas en formato de autocinema.[2][3][4] É o primeiro filme rodado en lingua muisca,[5] unha lingua que desapareceu c. 1800.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O valente cacique Tundama enfronta a devastadora chegada dos colonizadores españois a América. No medio desta cruenta batalla, dous nenos en busca da súa irmá secuestrada quedan no medio do conflito de culturas e sacan á boia todo tipo de sentimentos que até entón tiñan profundamente agochados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Leonardo Castelllanos como Tundama
- Zulma Rincón como Tai
- Omar Moyano como Maldonado
- Óscar Peraffán como Gonzalo Jiménez de Quesada
- Magdalena Sánchez como a nai
- Martha Huertas como a deusa
- Camilo Mejía como Fernán Pérez
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tundama, película animada colombiana". Caracol Televisión (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020.
- ↑ "Tundama: el guerrero muisca que frenó la conquista española". El Tiempo (en castelán). 29 de xuño de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
- ↑ "Esta es la película colombiana que inaugurará los autocines". La Opinión (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2020.
- ↑ "¿Cómo podrás disfrutar de los autocines?". Canal institucional (en castelán). 6 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020.
- ↑ "“Tundama”, la primera película animada hablada en lenguaje Muisca". Caracol. 15 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020.
- ↑ Darío Berrío Gil (7 de outubro de 2021). DW, ed. "Muisca: la lengua que dejó de estar extinta para inmortalizarse en el cine". Consultado o 8 de outubro de 2021.