Arte muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Exemplo da interacción da arte da natureza e a ourivaría muisca, na colección do Museo do Ouro en Bogotá.
Famosa balsa muisca evidencia das cerimonias sacras que deron orixe á lenda do Dourado.

Este artigo describe a arte producida polos muiscas. Os muiscas habitaban as terras altas dos Andes centrais de Colombia (no Altiplano Cundiboyacense e a parte suroeste da sabana de Bogotá), sendo unha das catro civilizacións máis importantes de América. As súas diversas formas de arte foron descritas en detalle e inclúen cerámica, téxtiles, arte corporal, xeroglíficos e arte rupestre. Aínda que a súa arquitectura era modesta en comparanza coas outras tres civilizacións americanas (os aztecas, os maias e os incas), os muiscas son coñecidos pola súa habelencia na ourivaría. O Museo do Ouro, en Bogotá, garda a maior colección de obxectos dourados do mundo procedentes de varias culturas colombianas, incluída a muisca.

As primeiras mostras de arte na cordilleira oriental dos Andes colombianos remóntase a varios milenios. Aínda que isto é anterior á civilización muisca, cuxo inicio adoita fixarse no 800 d.C., algúns destes estilos perseveráronse ao longo dos séculos.

Durante a era precerámica, a xente das terras altas produciu petrógrafos e petróglifos que representaban os seus deuses, así como a flora e a fauna da zona, motivos abstractos e elementos antropomorfos ou antropo-zoomorfos. A sociedade muisca era unha sociedade sedentario e agrícola que desenvolveu unha cultura baseada na cerámica e a extracción de sal no período Herrera, polo xeral definido entre os anos -800 a 800. Durante este temo, erixiuse a forma de arte construída máis antiga, o sitio Arqueoastronómico chamado posteriormente El Infiernito polos conquistadores españois. O período Herrera tamén marcou o uso de cerámica e téxtiles, e o comezo do cal sería o principal motivo da conquista española, o seu hábil traballo en ouro fino. A época dourada da metalurxia muisca está representada pola balsa muisca, considerada a obra mestra desta tecnoloxía e que representa o ritual de iniciación do novo zipa de Bacatá, na parte sur da confederación muisca. Esta cerimonia, realizada por xeques (sacerdotes) e caciques levando coroas douradas de plumas e acompañado de música e danza, tiña lugar nunha balsa na lagoa de Guatavita, na parte norte da sabana de Bogotá. Os relatos destas cerimonias crearon a lenda de El Dorado entre os españois, levándoos a unha procura deste mítico lugar que durou décadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]