Agricultura muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A sabana de Bogotá, localización dos campos agrícolas dos muiscas.
O millo era o produto agrícola principal dos muiscas.
Os aguacates eran intercambiados cos pobos veciños indíxenas que habitaban nas áreas de altitude máis baixas.

A agricultura muisca describe a agricultura desenvolvida polos muiscas, a civilización indíxena que habitaba no Altiplano Cundiboyacense de Colombia antes da conquista española. Os muiscas eran unha sociedade predominantemente agrícola con campos de cultivo de pequena escala, parte de terreos máis extensos. Para diversificar a súa dieta, comerciaban con mantos, ouro, esmeraldas e sal en troques de froitas, vexetais, coca, yopo e algodón cultivado en terras baixas e máis quentes poboadas polos seus veciños, como os muzos, panches, guanes, guayupes, laches, sutagaos e u'wa. O comercio de produtos de cultivo chegaba até os calimas, os pijaos e os caribes da costa arredor da Serra Nevada de Santa Marta.

Agricultura[editar | editar a fonte]

Os muiscas, que vivían no Altiplano Cundiboyacense, concentrábanse principalmente nas chairas e nos vales, comprendendo o 12% do territorio muisca, con pequenas comunidades nas terras altas e nas abas das monatañas. Nos vales, especialmente na sabana de Bogotá que formaba parte do antigo lago Humboldt, o chan era moi fértil permitindo o cultivo de gran de cantidade de produtos.[1]

A súa agricultura estaba formada por campos de cultivo de pequena escala e dun xeito máis ben igualitario; as clases sociais altas non tiñan acceso a máis produtos agrícolas que as clases máis baixas.[2] A principal diferenza entre elas era a construcións dos seus fogares e o acceso a carne.

O produto agrícola predominante dos muiscas era o millo e tiñan numerosas palabras na súa lingua, o muysccubun, para chamar a planta, o gran e o procesamento do mesmo.[3] As probas do cultivo do millo preceden ós muiscas; xa no Período Herrera o cultivo de millo foi identificado grazas a análises baseadas no pole.[4] Os cacicados eran autosuficientes coa súa produción e os excedentes de millo (abitago) eran intercambiados por froitas tropicais como o ananás, aguacates e Ipomea batatas.[5][6]

Empregaban un sistema de socalcos nas terras altas asolagadas, e desenvolveron un sistema de irrigación e drenaxe.[7] Cultivaron as súas colleitas en ringleiras de montículos.[8][9]

As colleitas e o cultivo dos campos era tarefa dos homes, mentres que as mulleres encargábanse da sementeira. Os muiscas crían que a fertilidade das mulleres podía ser transferida ós campos.[10] Para facer medrar a fertilidade dos campos, os labregos queimaban plantas e espallaban as cinzas nas súas terras.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Francis, 1993, pp.36-38
  2. Langebaek et al., 2011, p.17
  3. Daza, 2013, pp.27-28
  4. Kruschek, 2003, p.5
  5. Langebaek, 1985, p.4
  6. Schrimpff, 1985, p.106
  7. Daza, 2013, p. 23
  8. Ocampo López, 2007, Ch.V, p.207
  9. García, 2012, p.43
  10. 10,0 10,1 Daza, 2013, p.24

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]