Cuchavira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación de Cuchavira na casa museo de Luis Alberto Acuña.

Cuchavira ou Cuchaviva era o deus do arco da vella, protector das mulleres traballadoras e dos doentes segundo a relixión dos muiscas.[1] Os muiscas e a súa confederación foron unha das catro civilizacións avanzadas de América e vivían no fértil val que forma o Altiplano Cundiboyacense nos Andes. A choiva e o Sol foron moi importantes para a súa agricultura e daquela, a sabana de Bogotá tiña varios pantanos e os asulagamentos eran comúns.

Descrición[editar | editar a fonte]

Tumbaga, unha aliaxe de ouro e cobre empregada para ofrendas e artesanías. Museo do Ouro, Bogotá.

Cuchavira, que era chamado "aire resplandecente", apareceu ante os muiscas cando Bochica, o mensaxeiro do ser supremo Chiminigagua foi enviado ás chairas dos muiscas. Cando o deus da choiva Chibchacum estaba anoxado, enviaba fortes trebóns ás chairas, causando o desbordamento dos ríos, asulagando as terras e as casas (bohíos) dos muiscas. Cando remataban as choivas e o Sol volvía saír, aparecía Cuchavira, e a xente ofrecíalle ouro de baixo grado ou aliaxes de ouro e cobre (tumbaga), caracois mariños e esmeraldas pequenas para agradecerlle.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ocampo López, 2013, Ch. 8, p.53

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. ISBN 978-958-14-1416-1.