Astronomía muisca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Infiernito é un dos poucos sitios de astronomía muisca que sobreviviron.

Este artigo describe a astronomía dos muiscas. Os muiscas, unha das catro civilizacións avanzadas de América antes da conquista española,[1] tiñan un minucioso entendemento de astronomía, o cal está evidenciado pola súa arquitectura e calendario, importante na súa agricultura.

Existiron varios sitios astronómicos construídos no Altiplano Cundiboyacense, nos territorios muiscas dos Andes centrais colombianos, mais poucos perduraron até o presente. Moitos lugares arqueoastronómicos foron destruídos polos conquistadores españois e substituídos polas súas igrexas católicas. El Infiernito, preto de Villa de Leyva, é coñecido por ser un dos sitios que permaneceron. O Templo do Sol na cidade sagrada de Sugamuxi foi reconstruído.

Os estudosos máis importantes que contribuíron ao coñecemento sobre a astronomía muisca foron José Domingo Duquesne e Alexander von Humboldt a finais do século XVIII e comezos do XIX e investigadores modernos como Eliécer Silva Celis, Manuel Arturo Izquierdo Peña, Carl Henrik Langebaek e Juan David Morales.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ocampo López, 2007, Ch.V, p.226

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1. 
  • Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.