Castelán llanero
Castelán llanero | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español llanero | |
Falado en: | Colombia e Venezuela | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán llanero | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán llanero é o conxunto de modalidades lingüísticas da lingua castelá falada na rexión dos Llanos de Colombia e Venezuela. Caracterízase pola mestura de elementos do castelán medieval con trazos indíxenas.
Características
[editar | editar a fonte]Fonéticas
[editar | editar a fonte]O castelán llanero posúe o yeísmo e a articulación do “r” até a súa neutralización (vorqueta por volqueta, fenómeno visto en Arauca) ou a súa desaparición no infinitivo (ventiá, aserrá, ordeñá, cogé…).
Tamén ten a articulación do “s” (implosivo), a aspiración (maíh = "maíz2) oU perda (cataplama = "cataplasma"). Tamén aparece o trazo da aspiración do “s” prevocálico (ji jeñol, eso je li olvida = "sí señor, eso se le olvida").
Os seus fricativos intervocálicos (b-d-g) debilítanse, ou ben, desaparecen na fala llanera (auacero = "aguacero").
Conserva o son do antigo “h”. É un trazo máis visto en Venezuela, Arauca e Casanare (joyo, jumo, mojo, jallan, sajuma, ajoga, ajita por hoyo, humo, moho, hallan, sahúma, ahoga, ahíta).
Morfolóxicas
[editar | editar a fonte]Suprime, ou ben, debilita o –s redundante do plural: los antioqueño, loj perro, cuatronarice (cuatronarices, especie local de cobra), loj padrino.
Ten unha composición nominal semellante ás falas costeiras: pativoltiao (pata + volteado, é dicir, substantivo + adxectivo).
Formación do pretérito composto de subxuntivo co verbo “ser”: “Si no fuera (hubiera) sido por Guadalupe Salcedo…”
Léxicas
[editar | editar a fonte]Algunhas formas léxicas de orixe costeira rexistradas na rexión son: “cautivar” (cultivar), “concha” (casca, cortiza), “pollino” (asno novo), “yerna” (nora), “rabipelao” (sarigüeia).
Tamén ten achegas do oeste de Colombia
“hamero” (envoltura da mazaroca), “choclo” (millo tenro).