Diego de Torres y Moyachoque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego de Torres y Moyachoque
Cacique de Turmequé
Turmequé "Jefe vigoroso", significado en el lenguaje Muisca.JPG
Testa da estatua de Turmequé, na honra de Diego de Torres y Moyachoque.

Reinado1571-1590
Nacemento1549
Tunja, Novo Reino de Granada
Falecemento4 de abril de 1590 (40-41 anos)
Madrid, España
PredecesorMoyachoque (tío materno)
ProxenitoresJuan de Torres
Catalina Moyachoque

Mapa da Confederación muisca
Turmequé atópase no centro, na parte amarela (antigo goberno do zaque).

Diego de Torres y Moyachoque, nado en Tunja, Novo Reino de Granada en 1549, e finado en Madrid, España, o 4 de abril de 1590, foi un cacique de Turmequé, na antiga confederación muisca, baixo goberno español. Foi xefe dende 1571 até a súa morte. De Torres y Moyachoque foi un mestizo, fillo dun conquistador español e unha nai muisca. É coñecido pola súa defensa dos nativos muiscas e pola resistencia contra os encomenderos españois, particularmente contra o seu medio irmán Pedro de Torres. De Torres y Moyachoque tamén é coñecido por ser o primeiro cartógrafo das terras que arrodeaban a capital do Novo Reino de Granada, Santa Fe de Bogotá.

De Torres y Moyachoque viaxou dúas veces a España, a primeira entre 1575 e 1577, e a segunda na década de 1580, onde presentou queixas polos malos tratos dos muiscas por parte dos colonizadores españois perante o rei Filipe II. Despois desta última viaxe, permaneceu, casou e morreu en Madrid o 4 de abril de 1590.