Lingua kogui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kogui
Kággaba
Falado en: Colombia
Rexións: Serra Nevada de Santa Marta
Total de falantes: 7 739 (2005)[1]
Familia: Americana
 Chibcha
  Arhuaco-chimilla
   Arhuaco
    Kogui
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Colombia.svg Colombia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: kog
ISO 639-3: kog

O kogui[2] é unha lingua chibcha falada polo pobo kogui que habita na Serra Nevada de Santa Marta. Hai polo menos 7 739 falantes, o 84,37% dos kogui, a maioría deles monolingües.[1] A porcentaxe de alfabetismo é do 18,34%.[1]

Sintaxe[editar | editar a fonte]

En xeral, esta lingua emprega a estrutura lingüística suxeito-obxecto-verbo:[3]

/saka a'tema hi'ungula stuĩ/
{saka/a'-tema/hi'u+ngula/stuĩ}
//lúa/grande/camiño/alumear//[Ligazón morta]
"A lúa chea alumea o camiño"[2]

Unha oración sen suxeito explícito adquire unha aparencia de obxecto-suxeito-verbo, polo prefixo e persoa do verbo:

/bi'giʒa nak'luni/
{bi'giʒa/nak'-luni}
//piña/1PS-desexar//[Ligazón morta]
"Quero piña"

A composición das palabras realízase unindo os lexemas con afixos diferentes de clasificación, número, xénero, énfase, tempo, modo e caso. Preséntanse os casos nominativo, alativo, acusativo, dativo, locativo e xenitivo.[2]

Fonología[editar | editar a fonte]

A lingua kogui presenta 31 fonemas, 12 vogais e 19 consoantes:[3][4]

Vogais
Anteriores Centrais Posteriores
oral nasal oral nasal oral nasal
Pechadas i (ĩ) ɨ (ɨ̃) u (ũ)
Medias e () (ə) o
Abertas a (ã)

Para a lingüista Carolina Ortiz a nasalización das vogais é un fenómeno suprasegmental, orixinado na presenza da consoante nasal alveolar /n/, xa que as vogais nasais preséntanse en contextos nasais. Encontra, en poucas palabras, o fonema /o/ e non rexistra /ə/ como fonema.[2]

Consoantes
labiais alveolares palatais velares glotais
oclusivas xordas p t (c) k ʔ
sonoras b d g
nasais m n ŋ
fricativas xordas s ʃ x h
sonoras z ʒ
lateral l
aproximantes w j

Carolina Ortiz inclúe a oclusiva palatal xorda /c/ como fonema.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Ministerio de Cultura (2010) Os kaggabba, os guardiáns da harmonía do mundo. Bogotá.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ortiz Ricaurte, Carolina (2000) La lengua kogui. Fonología y morfosintaxis nominal; Lenguas Indígenas de Colombia, una visión descriptiva; Bogotá: Instituto Caro y Cuervo.
  3. 3,0 3,1 Huber, Randall Q. & Robert B. Reed (1992) Vocabulario comparativo. Palabras selectas de lenguas indígenas de Colombia: XVII. Bogotá: Instituto Lingüístico de Verano. ISBN 958-21-0037-0
  4. Gawthorne, Linda & Grace Hensarlin (1984) "Fonología del cogui"; Sistemas fonológicos de idiomas colombianos 5 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.: 5-56. Lomalinda: Editorial Townsend. ISBN 088312680X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]