Lingua andoque
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Andoque | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Andoké | |
Falado en: | Colombia | |
Total de falantes: | 370 (2007) | |
Familia: | Bora-witoto ? Andoque–urequena Andoque | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ano
|
A lingua andoque é unha lingua indíxena falada por uns poucos centos de persoas do pobo andoque de Colombia. A lingua tiña uns 10 000 falantes no ano 1908, mais descendeu a 370 un século despois, dos cales unhas 50 persoas son monolingües. Os falantes actuais viven na área do río Anduche, en Solano, Caquetá, Colombia; a lingua xa non é falada no Perú. O 80% dos falantes de andoque teñen dominio do castelán.
Clasificación[editar | editar a fonte]
O andoque xa non é considerada unha lingua illada dende que Marcelo Jolkesky recoñeceu a extinta lingua urequena (tamén coñecida como urekena ou arequena) como estreitamente relacionada co andoque (linguas andoque–urequena).[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Aschmann, Richard P. (1993). Proto Witotoan. Publications in linguistics (No. 114). Arlington, TX: SIL & the University of Texas at Arlington.
- Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509427-1.
- Greenberg, Joseph H. (1987). Language in the Americas. Stanford: Stanford University Press.
- Kaufman, Terrence. (1994). The native languages of South America. In C. Mosley & R. E. Asher (Eds.), Atlas of the world's languages (pp. 46–76). Londres: Routledge.
- Landaburu, J. (1979). La Langue des Andoke (Grammaire Colombienne). (Langues et Civilisations a Tradition Orale, 36). París: SELAF.