Saltar ao contido

Universidade de Copenhague

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Copenhague
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Nome orixinal
Københavns Universitet Editar o valor en Wikidata
 Lingua usada
Implicados
Organizacións
 Afiliación
Datas
 Fundación / creación
1 de xuño de 1479 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
Identificadores
VIAF136514983 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000010674042X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/017ztv Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310317202 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: universitet Twitter: koebenhavns_uni Instagram: university_of_copenhagen Youtube: UCm-QStA4kGkuOiH9Cla4QLw Dialnet: 4439669 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Universidade de Copenhague (en dinamarqués: Københavns Universitet) é a meirande e máis antiga universidade e instituto de investigación de Dinamarca. Fundada en 1479, é a segunda universidade máis antiga de Escandinavia despois da Universidade de Uppsala, en Suecia.

A Universidade de Copenhague consta de seis facultades e catro campus, todos situados en Copenhague.[1] En total ten 36 departamentos e 122 centros de investigación, así como varios museos e xardíns botánicos dentro e fóra da capital danesa.[2] A Universidade posúe tamén varias estacións de investigacións en Dinamarca, incluídas dúas en Groenlandia.[3][4] Ademais, a Facultade de Ciencias Médicas e da Saúde e os hospitais públicos da rexión Capital e de Selandia constitúen o Hospital Universitario de Copenhague.[5]

A data de outubro de 2022, 10 premios Nobel e 1 premio Turing estiveron asociados coa Universidade como estudantado ou profesorado.[6][7] Entre os seus egresados hai un presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e 24 primeiros ministros do país.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
A facultade de Humanidades.

Foi fundada en 1479, e en 2010 contaba con arredor de 37.000 estudantes, a maioría mulleres (o 59%), e con máis de 7.000 empregados. A Universidade conta con diversos campus distribuídas na cidade de Copenhaguen e na área metropolitana (Stor København). Os máis dos cursos son impartidos en lingua dinamarquesa, malia que tamén existe oferta en inglés, e máis reducida en alemán. A Universidade ten case 3.000 estudantes estranxeiros, metade dos cales proveñen doutros países nórdicos.

  1. "Faculties". Universidade de Copenhague (en inglés). 2008-09-16. Consultado o 2025-12-25. 
  2. "Museums and attractions". Universidade de Copenhague (en inglés). 2008-09-16. Consultado o 2025-12-25. 
  3. "Areas of research". Universidade de Copenhague (en inglés). 2019-05-28. Consultado o 2025-12-25. 
  4. "Feltstationer". science.ku.dk (en dinamarqués). 2012-05-15. Consultado o 2025-12-25. 
  5. "Københavns Universitetshospital". Lex (en dinamarqués). 2012-10-29. Consultado o 2025-12-25. 
  6. "Nobelpristagere". universitetshistorie.ku.dk (en dinamarqués). 2013-08-03. Consultado o 2025-12-25. 
  7. "Peter Naur - A.M. Turing Award Laureate". amturing.acm.org. Consultado o 2025-12-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]