Saltar ao contido

Kolbjørn Skaare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKolbjørn Skaare

Kolbjørn Skaare nunha medalla
conmemorativa do seu 60º aniversario
Biografía
Nacemento6 de abril de 1931
Strinda, Noruega Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 2017.(86 anos)
Oslo.
Noruega Noruega
País de nacionalidadeNorueguesa.
Educación Universidade de Oslo.
Q89547790Estudos de numismática medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oslo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMarit Olafsdatter Bjørnstad (1959) Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1995): Medalla Gunnar Holst.
- (1995): Medalla Real ao Mérito.


Kolbjørn Skaare, nado o 6 de abril de 1931 en Strinda (a actual Trondheim) e finado o 3 de xuño de 2017, foi un numismático noruegués especializado na moeda da Idade Media.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Skaare naceu no antigo municipio de Strinda, na provincia de Trøndelag, na parte central de Noruega, fillo de Sevald Skaare e de Thora Rogne, e criouse en Vang, na provincia de Hedmark, onde o seu pai fora destinado a unha granxa de investigación agraria.[2]

Logo de finalizar a súa educación secundaria en Hamar e despois de cumprir o servizo militar, Skaare estudou Historia, Latín e Grego na Universidade de Oslo, onde se graduou en 1950 e obtivo o grao de mestrado en 1957. Non foi ata 1976 cando acadou o seu doutoramento, cunha tese titulada Coins and Coinage in Viking-Age Norway. Na mesma universidade exerceu como profesor de Numismática desde 1983 ata 2001.[1][2][3]

En 1959 ingresou no Gabinete Numismático do Museo de Historia Cultural de Oslo, vinculado á Universidade de Oslo, do que foi conservador a partir de 1966 e finalmente director, ata o seu retiro en 2002.[1] Durante a súa etapa de dirección no Gabinete Numismático recadou fondos para o mantemento das súas coleccións, organizou ducias de exposicións, e ocupouse da clasificación e da catalogación da maioría dos achados monetarios recibidos na institución. Tamén é salientable a actualización constante da biblioteca e a dixitalización das coleccións do Gabinete, que comezou en 1990.[1][2][3]

Un dos aspectos máis salientables das súas investigacións é a revisión da cronoloxía das moedas norueguesas da Idade Media. Foi un pioneiro na aplicación da metodoloxía propia das ciencias naturais á investigación humanística e mesmo, na década de 1960, colaborou co Instituto de Enerxía Nuclear de Noruega, na vila de Kjeller. As súas análises metalúrxicas de moedas por activación neutrónica sentaron as bases do que hoxe se coñece sobre a metalurxia da moeda viquinga norueguesa. De feito, varios dos seus artigos sobre a cronoloxía da moeda norueguesa medieval están baseados nesas análises metalográficas.[1][2][3]

Skaare contribuíu, entre outras, á serie editorial Nordisk Numismatisk Årsskrift ("Anuario Numismático Nórdico"). Tamén foi editor da publicación periódica Nordic Journal entre 1982 e 2002.[1][3]

Entre 1979 e 1986, Skaare foi o secretario (1979-1986) da Comisión Internacional de Numismática, e na mesma institución ocupou a presidencia de 1986 a 1991. Tamén foi membro da Academia Norueguesa das Ciencias e das Letras, da que foi vicepresidente e presidente (1985-1989).[1][2][3]

Skaare formou parte do comité de deseño do Banco Nacional de Noruega entre 1967 e 2013, desde o que puido achegar as súas suxestións para os deseños dos billetes e das moedas do país durante décadas.[1][3]

Paralelamente ao seu labor científico e académico, Skaare foi un divulgador da numismática moi popular no seu país e, en xeral, nos países nórdicos. Baixo o alias de Monetarius, mantivo durante anos unha columna periódica sobre numismática na edición dos sábados de Aftenposten, o segundo xornal de maior tiraxe de Noruega. Tamén foron habituais as súas colaboracións en programas de radio e televisión.[3]

No ámbito familiar, Kolbjørn Skaare casou o 12 de setembro de 1959 coa profesora Marit Olafsdatter Bjørnstad (1933-2012).[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

En 1991, con motivo do seu 60º aniversario foi honrado cunha medalla conmemorativa deseñada polo artista Øivind Hansen.[1][3][4] No marco da mesma celebración, foi obxecto de dúas publicacións de homenaxe, unha por parte da Sociedade Numismática Norueguesa e outra polo Anuario Numismático Nórdico.[5][6]

  • (1995): Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik (Gotemburgo, Suecia).
  • (1995): Medalla Real de Ouro ao Mérito.[1][7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Kolbjørn Skaare foi un autor prolífico; as súas publicacións, entre artigos e monografías, acerca de moi diversos aspectos da numismática, superan os 500 títulos.[3] No citado volume de homenaxe da Sociedade Numismática Norueguesa on motivo do seu 60 aniversario, publicouse unha bibliografía completa dos seus traballos ata ese momento.[8]

Esta é unha selección das monografías máis salientables da súa traxectoria académica:[9]

  • (1966). Moneta Norwei: Norsk mynt i tusen år. Universitetets Myntkabinett, Oslo.
  • (1969). Mynter fra antikken. Universitetets Myntkabinett, Oslo.
  • (1976). Coins and Coinage in Viking-age Norway: The Establishment of a National Coinage in Norway in the XI Century, with a Survey of the Preceding Currency History. ISBN 9788200015420
  • (1995). Norges mynthistorie: mynter og utmyntning i 1000 år, pengesedler i 300 år, numismatikk i Norge. Vol. 1 (ISBN 9788200226666). Vol. 2 (ISBN 9788200226673). Universitetsforlaget.
  • (1996). Pengesedler i Norge. Norges Bank.
  • (1998). Bysantinske mynter. Universitetets Myntkabinett, Oslo.
  • (1998). Fra Ptolemaios den første til Harald den femte. Herskerbilder på mynt. Universitetets Myntkabinett, Oslo.
  • (1999). Du slette tid! Vår egen og andres tidsregning gjennom tidene. Universitetets kulturhistoriske museer.
  • (2000). Den norske kronemynt 125 år: en historikk. Den kongelige mynt. ISBN 9788291866024
  • (2008). Mynten, myntene og medaljene : Den Kongelige Mynts historie 1806-2004, med linjer tilbake til starten i 1686 (1628). Cappelen Damm, Oslo. ISBN 978-82-02-27974-5
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gullbekk, S. H.; Roland, H. (2017) Arquivado 18 de setembro de 2020 en Wayback Machine..
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Johanssen, F. E. "Numismatiker: Kolbjørn Skaare". Norsk Biografisk Leksikon.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Roland, H.; Gullbekk, S. H. "Minnetale over Professor Kolbjørn Skaare". Norske Videnskaps-Akademi.
  4. Medalla do 60º aniversario Arquivado 29 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Universitetsmuseenes fotoportal.
  5. Norsk numismatisk forening (ed.). (1991)
  6. Jonsson, K.; Malmer, B. (eds.) (1991).
  7. "Tildelinger av ordener og medaljer". Det Norske Kongehus.
  8. Nordisk Numismatisk Årsskrift (1992). Páxinas 191-207.
  9. "Kolbjørn Skaare". WorldCat.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]