Herbert A. Hauptman
Herbert Aaron Hauptman, nado o 14 de febreiro de 1917 en Nova York e finado en Buffalo o 23 de outubro de 2011, é un matemático americano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1985.
Traxectoría
[editar | editar a fonte]Nado en Nova York, foi o fillo máis vello de Israel Hauptman e de Leah Rosenfeld.
Interesouse pola ciencia e as matemáticas desde mozo, e graduouse na Universidade de Nova York en 1937. En 1939 recibiu un máster na Universidade de Columbia.
Máis tarde, colaborou con Jerome Karle no laboratorio de investigación naval de Washington, D.C. e ao mesmo tempo matriculouse para a carreira de filosofía na Universidade Johns Hopkins de Baltimore en Maryland, da cal recibirá o título en 1954.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Hauptman e Karle abordaron o problema do desenvolvemento de métodos directos para a determinación de estruturas cristalinas, obtendo os espectros correspondentes de difracción electrónica mediante instrumentos prácticos da súa propia invención e utilizando para a súa interpretación métodos probabilísticos, tamén chamados métodos directos, así mesmo orixinais.
En 1970 únese ao grupo de investigación da Fundación Médica da Universidade estatal de Nova York en Buffalo, na que traballa como biofísico e da cal é escolleito director en 1972. Durante eses anos expón diferentes teorías sobre bioloxía molecular e a dinámica química, que serán desenvolvidas máis a fondo durante as décadas posteriores.
En 1985 foi galardoado, xunto ao seu colaborador Jerome Karle, co Premio Nobel de Química pola súa contribución no desenvolvemento de métodos directos para determinar estruturas cristalinas.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1985 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1985 (en inglés)
- Herbert A. Hauptman en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Herbert A. Hauptman en NNDB (en inglés)
Predecesor: Robert Bruce Merrifield |
Premio Nobel de Química 1985 con Jerome Karle |
Sucesor: Dudley R. Herschbach, Yuan T. Lee e John Charles Polanyi |