Bengala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A India, 1760-1905.

Bengala é unha rexión situada no nordés do subcontinente indio. En 2007 está dividida en dous países independentes: Bangladesh e India. En India, a antiga Bengala pertence ao estado de Bengala Occidental aínda que algunhas zonas que formaron parte da antiga rexión existente no período do Imperio Británico están agora nos estados de Bihar, Tripura e Orissa.