Chennai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chennai
Situación xeográfica
LocationChennai.png
País Flag of India.svg India
Estado Tamil Nadu
Xeografía
Altitude 6 msnm
Superficie 426.7 km²
Poboación
Poboación 4.681.087 hab. (2011)
Densidade 26.702 hab/km²
Información
Código postal 600 xxx
Alcalde Saidai Duraisamy
Páxina web Páxina oficial

Chennai (சென்னை en támil) (antigamente Madrás) é a capital de Tamil Nadu na India, con 6 800 000 habitantes é a cuarta cidade do país. Localízase na costa de Coromandel, no Golfo de Bengala.

Localización de Chennai.
O Valluvar Kottam é un memorial en honor do poeta e santo támil Tiruvalluvar e máis amplamente en honor da cultura támil. Inaugurado en 1976, este inmenso auditorio é de feito unha réplica do templo en forma de carreta de Thiruvarur. Unha estatua do poeta de 33 metros foi posta no medio.

Historia[editar | editar a fonte]

Chennai recibiu o seu nome actual en 1996.

Mylapore[editar | editar a fonte]

Nunha rexión poboada dende séculos, a cidade anteriormente coñecida coma Madras (ata 1996) xurdiu por unión de varias poboacións veciñas, xeralmente vinculadas a templos: Thiruvanmiyur no sur; Thiruvotriyur ao norte; Thirvallkeni (hoxe barrio de Triplicane) no centro. A a máis antiga semella que foi Mylapore (hoxe barrio central de Thirumaylai). Foi un activo porto da Costa de Coromandel dende o século I aC e centro da cultura támil. Supostamente foi visitada por Ptolomeo e poida que polo apóstolo San Tomé. De feito, nos arredores da cidade actual, no suroeste, álzase o Monte de San Tomé, suposto lugar da prédica evanxelizadora[1].

Mylapore foi porto e un centro administrativo das sucesivas dinastías que gobernaron o sueste do subcontinente indio no primeiro milenio: Chola, Pallava, Pandya, Khilji e os Nayaks do Imperio de Vijayanagar. Do tempo dos Pallava data o importante templo de Kapalleeshvarar (século VII).

En 1522 os portugueses arriban e constrúen alí o asentamento e porto de São Tomé de Meliapore. Destruíron o templo de Kapaleeshwarar (reconstruído no XVIII) e erixiron a basílica de Sao Tomé sobor da suposta tumba do apóstolo.

Colonia británica: Madras[editar | editar a fonte]

Fort St George.
Plan of Fort St George and the City of Madras 1726.jpg

En 1639 Francis Day merca para a Compañía Británica do Leste da India a concesión duhna franxa de terra ao norte de Mylapore onde existía a localidade pesqueira de Madraspatnam. Ao ano seguinte constrúen un forte (Fort St. George) con vivendas e peirao, ó que chamaron White Town, por oposición á Black Town ou asentamento indíxena que creceu ao carón do anterior.

En 1746 os franceses ocúpana brevemente destruíndo a Black Town. Tres anos despois volve ás mans dos británicos. Reforzan con bastións o forte que adopta forma semioctogonal[2] e deixan unha explanada de medio quilómetro ao norte no lugar que ocupara aquela, estendendo máis ao norte una nova retícula urbana (futura George Town)[3].

Amais, durante todo o século XVIII agrandan a colonia mediante sucesivas adquisicións (entre outras Triplicane, Tiruvottiyur e a propia Mylapore)[4]. Convértese en base naval inglesa e centro administrativo das posesións do imperio no sur da India (Madras Presidency).

No século XIX experimenta un gran crecemento ao ser o porto do intercambio comercial da rexión con Europa, incrementado pola posta en marcha cara ao fin da centuria da rede de ferrocarrís da India[5].

Pero a verdadeira explosión urbana produciuse trala independencia do país en 1948 e a industrialización das décadas posteriores (sinaladamente a industria do automóbil). Hoxe un novo pulo vén da man de ser un centro das Tecnoloxías da Información.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chennai

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]