Konrad Emil Bloch
Konrad Bloch | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1912 |
Lugar de nacemento | Nysa |
Falecemento | 15 de outubro de 2000 |
Lugar de falecemento | Lexington |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Nacionalidade | Alemaña e Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Columbia, Universidade de Múnic e Universidade Técnica de Munique |
Ocupación | bioquímico e químico |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Medalla Nacional de Ciencia, Foreign Member of the Royal Society, Prêmio Ernest Guenther e Oesper Award |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Konrad Bloch, de nome completo Konrad Emil Bloch nado en Neisse, Silesia, que hoxe é a cidade de Nysa, en Polonia[1] o 21 de xaneiro de 1912 e finado o 15 de outubro de 2000, foi un químico alemán-polaco-estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formación[editar | editar a fonte]
Estudou química na Escola Técnica Superior de Múnic, especializándose en química orgánica.
Migración e docencia[editar | editar a fonte]
De orixe xudía, tras o ascenso ao poder do partido nazi emigrou a Suíza e tras permanecer alí dous anos emigrou aos Estados Unidos onde adquiriu a nacionalidade en 1944. Traballou no Departamento de Bioquímica da Universidade de Columbia onde recibiu o seu doutoramento. Máis tarde pasou a traballar no departamento de Química da Universidade de Cambridge, Massachusetts, e na Universidade de Chicago. Obtivo a cátedra de bioquímica da Universidade de Harvard.
Investigación e recoñecemento[editar | editar a fonte]
Independentemente de Feodor Lynen, quen tamén tiña estudado en Múnic, dedícouse ao estudo do proceso de síntese do colesterol, descubrindo que o ácido acético é o inicio dunha sucesiva cadea de reaccións químicas cuxo produto final é o colesterol. Ambos os investigadores contribuíron ao coñecemento do metabolismo intermediario de graxas e lípidos. Os avances neste campo foron determinantes no estudo das enfermidades circulatorias e no tratamento posterior da arteriosclerose.
Foi un dos últimos investigadores en descubrir o importante papel do colesterol na formación de hormonas sexuais, un descubrimento que abriu o camiño para a biosíntese de esteroides activos.
Recibiu, xunto con Feodor Lynen, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1964.[2]
En 1985, Bloch converteuse en membro da Royal Society. En 1988, recibiu a Medalla Nacional da Ciencia.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Bloch e a súa esposa Lore Teutsch coñecéronse por primeira vez en Múnic. Casaron nos Estados Unidos en 1941. Tiveron dous fillos, Peter Conrad Bloch e Susan Elizabeth Bloch, e dous netos, Benjamin Nieman Bloch e Emilie Bloch Sondel. Viviron durante moitas décadas no enclave Six Moon Hill de Lexington, Massachusetts. Era afeccionado ao esquí, ao tenis e á música.[4] Konrad morreu en Burlington, Massachusetts de insuficiencia cardíaca conxestiva no 2000, aos 88 anos.[5] Lore Bloch morreu en 2010 aos 98 anos.[6][7]
Predecesor: John Carew Eccles Alan Lloyd Hodgkin Andrew Fielding Huxley |
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1964 | Sucesor: François Jacob André Lwoff Jacques Monod |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biografía de Konrad Bloch". biografiasyvidas.com (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2012.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1964". NobelPrize.org. Consultado o 30 de xuño de 2012.
- ↑ "The President's National Medal of Science: Recipient Search; National Science Foundation". www.nsf.gov. Consultado o 2022-08-29.
- ↑ "Konrad Bloch Biography (1912-)". Arquivo de preguntas frecuentes en Internet. Consultado o 2013-11-14.
- ↑ "Konrad-Bloch-Nobel-winner-dies-at -88". Harvard.edu (en inglés).
- ↑ obituaries/name/lore-bloch-obituary?pid=139869210 Lore Bloch Obituary - Lexington, Massachusetts. Legacy.com. Consultado o 31-07-2020.
- ↑ Obituario de Lore Bloch - Lexington , MA | Boston Globe. Legacy.com (21-02-2010). Consultado o 31-07-2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Konrad Emil Bloch ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Konrad Bloch, Nobel Lecture, The biological synthesis of cholesterol, 11 de decembro de 1964
- Eugene P. Kennedy, «Konrad Bloch», Biographical Memoirs – Proceedings of the American Philosophical Society (vol. 147, no. 1, 2003, pp. 67–72)
- Center for Oral History. "Konrad E. Bloch". Science History Institute.
- Bohning, James H. (22 de marzo de 1993). Konrad E. Bloch, Transcrción dunha entrevista de James H. Bohning en Harvard, o 22 de marzo de 1993 (PDF). Philadelphia, PA: Chemical Heritage Foundation.
- Nados en 1912
- Finados en 2000
- Premio Nobel de Medicina
- Premios Nobel dos Estados Unidos de América
- National Medal of Science
- Membros estranxeiros da Royal Society
- Profesores da Universidade de Chicago
- Profesores da Universidade Estatal de Florida
- Profesores da Universidade Harvard
- Alumnos da Universidade de Columbia
- Alumnos da Universidade de Múnic
- Premios Nobel de Alemaña
- Químicos de Alemaña