Gertrude Elion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gertrude Elion
Nobel prize medal.svg
Gertrude Elion.jpg
Nome completoGertrude Belle Elion
Nacemento23 de xaneiro de 1918
Falecemento21 de febreiro de 1999
Lugar de falecementoChapel Hill
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterHunter College, Universidade de Nova York, Instituto Politécnico da Universidade de Nova Iorque, Universidade de Nova York, Walton High School e Jamaica High School
Ocupaciónbióloga, química, bioquímica, farmacóloga, farmacéutica, profesora e investigadora
PremiosPremio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, National Women's Hall of Fame, Medalla Nacional de Ciencia, Medalla Garvan-Olin, Women in Technology International, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Prêmio Lemelson–MIT, Women in Technology Hall of Fame, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Foreign Member of the Royal Society e North Carolina Award for Science
Na rede
https://www.nobelprize.org/prizes/medicine/1988/elion/biographical/
WikiTree: Elion-7 Find a Grave: 107577873 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Gertrude Elion

Gertrude Belle Elion, nada en Nova York o 23 de xaneiro de 1918 e finada en Chapel Hill o 21 de febreiro de 1999, foi unha bioquímica estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de inmigrantes xudeus, Gertrude B. Elion foi unha bioquímica e farmacóloga norteamericana que recibiu o Premio Nobel de Medicina no 1988, xunto con George H. Hitchings e Sir James Black. Graduouse no Hunter College no 1937 e traballou como asistente de laboratorio, primeiro nun centro de ensino e logo con Hitchings nunha compañía farmacéutica. Nunca obtivo o título universitario.

Soa ou con Hitchings sintetizou moitos novos fármacos, usando novos métodos a partir da diferenciación bioquímica entre células normais e patóxenas para poder matar ou inhibir a reprodución de patóxenos particulares sen prexudicar as células do hóspede, o que a levarían a liderar o equipo que logrou o anti-SIDA AZT.

Os seus inventos inclúen:

Amais do Nobel, recibiu a Medalla Nacional de Ciencia dos EUA e o Lemelson-MIT Lifetime Achievement Award, sendo a primeira muller (1991) en entrar no National Inventors Hall of Fame.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88–91. ISBN 978-84-9043-882-4. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]