Johannes Fibiger
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de abril de 1867 Silkeborg |
| Morte | 30 de xaneiro de 1928 Copenhague |
| Causa da morte | cancro |
| Lugar de sepultura | Garnisons Kirkegård |
| Reitor Universidade de Copenhague | |
| 1925 – 1926 ← Frederik Torm – Holger Pedersen → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Copenhague |
| Director de tese | Robert Koch e Emil Adolf von Behring |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Microbioloxía e anatomía patolóxica |
| Ocupación | médico, parasitólogo, patólogo, zoólogo, bacteriólogo, químico, profesor universitario, anatomista |
| Empregador | Universidade de Copenhague |
| Interesado en | Patoloxía |
| Profesores | Robert Koch e Emil Adolf von Behring |
| Familia | |
| Pais | Christian Fibiger |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фибигер Йоханнес Андреас Гриб) |
Johannes Andreas Grib Fibiger, nado en Silkeborg, Dinamarca, o 23 de abril de 1867 e finado en Copenhague o 30 de xaneiro de 1928, foi un médico danés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Copenhague onde obtivo a súa licenciatura en 1890. Posteriormente ampliou os seus estudos na Universidade de Berlín, onde foi discípulo de Robert Koch e Emil Adolf von Behring e onde exerceu como profesor de anatomía patolóxica.
Regresou á súa cidade natal para traballar no Laboratorio de Bacterioloxía da Universidade de Copenhague como axudante, onde obtivo o doutoramento en 1895 cunha tese sobre estudos bacteriolóxicos da difteria.
Recibiu varias distincións, entre as que destaca o Premio Nobel de Medicina en 1926, polas súas investigacións sobre a hipótese inflamatoria na etiopatoxenia do cancro.