Jacques Monod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Jacques Monod
Jacques Monod nobel.jpg
Jacques Monod
Datos persoais
Nacemento 9 de febreiro de 1910
Lugar París, Flag of France.svg Francia
Falecemento 31 de maio de 1976 (66 anos)
Lugar Cannes, Flag of France.svg Francia
Nacionalidade Francia Francesa
Actividade
Campo Bioloxía, bioloxía molecular
Alma máter Universidade de París
Contribucións e premios
Premios

Jacques-Lucien Monod, nado en París o 9 de febreiro de 1910 e falecido en Cannes, Francia, o 31 de maio de 1976, foi un biólogo e bioquímico francés do Instituto Pasteur de París, galardoado en 1965 co premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 9 de febreiro de 1910 na cidade de París. Despois de pasar a súa infancia no sur de Francia, o ano 1928 volveu a París para iniciar os seus estudos superiores de ciencias naturais na Sorbona, onde se doutorou o ano 1941.

Jacques Monod foi resistente durante a Segunda Guerra Mundial, como o seu medio irmán Philippe Monod.

Despois de traballar no Instituto Tecnolóxico de California, volveu a París e ingresou no Instituto Pasteur, onde realizou a maior parte da súa obra científica. Alí creou o departamento de bioquímica, e foi director do Instituto entre 1971 e 1976.

Así mesmo o ano 1954 foi nomeado profesor de química na Sorbona.

Pioneiro da xenética molecular, foi galardoado en 1965, xunto con André Michel Lwoff e François Jacob, co Premio Nobel en Medicina ou Fisioloxía polos seus descubrimentos relativos ao control xenético dos enzimas e á síntese dos virus.

Foi autor, entre outros libros, dun dos poucos best-sellers no campo da divulgación científica: O azar e a necesidade (1970).

Monod, xunto con Jacob, descubriu o sistema operón lac, o cal controla a expresión de variados xenes en bacterias. Este sistema brindou o primeiro exemplo dun mecanismo de regulación transcricional. Tamén suxeriu a existencia de moléculas de ARN mensaxeiro, que codifican a información codificada no ADN e as proteínas.

Monod e os seus colaboradores experimentaron cunha bacteria común, Escherichia coli, pero o concepto básico descuberto é aplicábel para todos os organismos vivos. Despois, a comunidade científica descubriría moitos outros operóns.

A idea clave é que E. coli non gasta enerxía fabricando enzimas se non ten a necesidade de metabolizar a lactosa, dado que outros azucres como a glicosa están presentes. Este concepto denomínase regulación xenética negativa.

Foi condecorado coa Cruz de Guerra polos seus servizos na Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial, na que estivo prisioneiro no campo de concentración de Miranda de Ebro.

Outros recoñecementos[editar | editar a fonte]

Na súa honra denominouse Monod a un asteroide descuberto o 24 de marzo de 1999 polo astrónomo Matteo M. M. Santangelo.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Le hasard et la nécessité, éssai sur la philosophie naturelle de la biologie moderne, Paris, Le Seuil, 1970.
Predecesor:
Konrad Bloch
Feodor Lynen
Nobel prize medal.svg
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina
con François Jacob e André Lwoff

1965
Sucesor:
Peyton Rous
Charles Brenton Huggins

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jacques Monod

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]