Konrad Lorenz
Konrad lorenz ![]() | |
---|---|
Nome completo | Konrad Zacharias Lorenz |
Nacemento | 7 de novembro de 1903 |
Lugar de nacemento | Viena |
Falecemento | 27 de febreiro de 1989 |
Lugar de falecemento | Viena |
Causa | insuficiencia renal |
Soterrado | St. Andrä-Wördern |
Nacionalidade | Austria |
Alma máter | Universidade de Columbia, Universidade de Viena e Universidade de Viena |
Ocupación | etólogo, zoólogo, biólogo, profesor universitario, escritor, médico, filósofo, psicólogo e naturalista |
Pai | Adolf Lorenz |
Cónxuxe | Margarethe Gebhardt |
Irmáns | Albert Lorenz |
Coñecido por | On Aggression, Civilized Man's Eight Deadly Sins e Behind the Mirror: A Search for a Natural History of Human Knowledge |
Premios | Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Prix mondial Cino Del Duca, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Prêmio Kalinga, honorary doctorate of Salzburg University, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Prêmio de Ciências Naturais da Cidade de Viena, honorary citizen of Vienna, Foreign Member of the Royal Society, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte e Pour le Mérite |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O lugar do seu nacemento é Altenberg, localidade próxima a Viena. Doutorouse en medicina e zooloxía en 1933 nesta Universidade e foi profesor de psicoloxía entre 1929 e 1935. En 1941 entrou no exército e entre 1944 e 1948 estivo prisioneiro en Rusia. Dirixiu o Instituto Max Planck de Buldern de fisioloxía do comportamento entre 1950 e 1954 e o de Seewiesen entre 1955 e 1973.
Chegou a ser moi coñecido polos seus esforzos para identifica-lo que el chamaba patróns establecidos de conduta, dos cales demostrou que estaban xeneticamente determinados. Estableceu, ademais, que os devanditos patróns eran tan importantes para a supervivencia do animal como as súas características fisiolóxicas, e que ambos factores tiñan un desenvolvemento evolutivo similar.
Un dos seus máis coñecidos e difundidos logros foi descubrir que os estímulos auditivos e visuais dos proxenitores dun animal son necesarios para inducir á cría a seguilos, pero que calquera obxecto, incluído un ser humano, podía inducir a mesma resposta de se empregaren os mesmos estímulos.
Na súa obra Sobre a agresión (1963), Lorenz demostrou que a orixe xenética da agresividade humana proviña do comportamento observado en moitos animais cando estes defenden o seu territorio.