Georg von Békésy
Georg von Békésy | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de xuño de 1899 |
Lugar de nacemento | Budapest |
Falecemento | 13 de xuño de 1972 |
Lugar de falecemento | Honolulu |
Nacionalidade | Hungría e Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Eötvös Loránd e Universidade de Berna |
Ocupación | físico, neurocientífico, químico, autobiógrafo, profesor universitario, fisiólogo, biofísico e enxeñeiro |
Premios | Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Silver Leibniz medal, honorary doctor of Semmelweis University e ASA Gold Medal |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Georg von Békésy (Békésy György), nado o 3 de xuño de 1899 en Budapest e finado o 13 de xuño de 1972 en Honolulú, foi un biofísico húngaro que recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1961 pola súa investigación relativa ós mecanismos físicos de estimulación da cóclea do oído.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Békésy naceu en Budapest, fillo do diplomático Alexander von Békésy e da súa dona Paula Mazaly, foi á escola en Budapest, Istambul, Múnic e Zúric. Estudou química en Berna e recibiu o doutoramento pola Universidade de Budapest en 1926.
Durante a segunda guerra mundial, Békésy traballou no Correo húngaro, realizando investigacións en telecomunicacións, o que lle levou a se interesar polos mecanismos do oído. En 1946, deixou Hungría e seguiu as súas investigacións no Instituto Karolinska de Suecia. En 1947 marchou ós Estados Unidos, traballando na Universidade Harvard ata 1966 ó ser nomeado profesor da Universidade de Hawaii
Investigacións[editar | editar a fonte]
Békésy desenvolveu un método para a disección do oído interno dos cadáveres humanos mentres deixaba a cóclea parcialmente intacta. Usando fotografías realizadas por medio dun estroboscopio e unha pequena peza de prata como marcador foi quen de observar como a membrana basilar se movía como unha onda de superficie cando recibía estímulos por medio do son. Segundo a estrutura da cóclea e a membrana basilar, diferentes frecuencias de son causan amplitudes máixmas das ondas en diferentes lugares da membrana basilar ó longo da cóclea.[1] Békésy chegou á conclusión que as súas observacións amosaban que diferentes frecuencia de onda despersabanse localmente antes de excitar diferentes axón que se movían da cóclea ó cerebro. Békésy teorizou que lugar de cada célula sensorial ó longo da espiral da cóclea correspóndes a unha frecuencia específica de son; posteriormente Békésy desenvolveu un modelo mecánico da cóclea, que confirmou o concepto de dispersión da frecuencia pola membrana basilar da cóclea.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goldstein, B. 2001. Sensation and Perception, 6th ed. Londres: Wadsworth.