Haldan Keffer Hartline
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de decembro de 1903 Bloomsburg |
| Morte | 17 de marzo de 1983 Fallston |
| Educación | Lafayette College (en) Johns Hopkins School of Medicine (en) Universidade Johns Hopkins |
| Director de tese | August Herman Pfund (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Fisioloxía, neurobioloxía, bioloxía, neurociencia, medicina e neuroloxía |
| Ocupación | fisiólogo, neurólogo, médico, neurocientífico, biólogo |
| Empregador | Universidade Cornell Universidade Rockefeller Universidade Johns Hopkins Johns Hopkins School of Medicine (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Fisioloxía |
| Obra | |
| Doutorando | Charles F. Stevens (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Elizabeth K. Hartline |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хартлайн Холден Кеффер) |
Haldan Keffer Hartline, nado o 22 de decembro de 1903 en Bloomsburg (Pensilvania) e finado o 17 de marzo de 1983 en Fallston (Maryland), foi un fisiólogo estadounidense, cogañador canda George Wald e Ragnar Granit, en 1967 do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu traballo de análise dos mecanismos neurofisiolóxicos da visión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hartline empezou os seus estudos sobre electrofisioloxía da retina como un bolseiro do "National Research Council Fellow" na Universidade Johns Hopkins de Baltimore. Despois de asistir ás universidades de Leipzig e de Múnic como investigador estudante de Eldridge Johnson, alcanzou o cargo de profesor de biofísica e presidente do Departamento de Johns Hopkins en 1949. Un dos estudantes graduados de Hartline na Johns Hopkins, Paul Greengard, tamén gañaría despois o Premio Nobel. Hartline uniuse ao staff da Universidade Rockefeller de Nova York en 1953, como profesor de neurofisioloxía.
Hartline investigou as respostas eléctricas da retina de certos artrópodos, vertebrados, e moluscos, debido a que os seus sistemas visuais son moito máis simples que os dos humanos e é máis fácil estudalos. Concentrou os seus estudos no ollo do cangarexo ferradura (Limulus polyphemus). Usando eléctrodos de minute nos seus experimentos, obtivo o primeiro rexistro dos impulsos eléctricos enviados por unha simple fibra de nervio óptico cando os receptores conectados a esta son estimulados por luz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)