Christiaan Eijkman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de agosto de 1858 Nijkerk |
| Morte | 5 de novembro de 1930 Utrecht |
| Lugar de sepultura | Driehuis Velsen Crematorium (en) |
| Rector of Utrecht University (en) | |
| 1912 – 1913 ← Albertus Antonie Nijland – Benjamin Jan Kouwer → | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Gueldria |
| Educación | Universidade de Ámsterdam Instituto Pasteur |
| Director de tese | Thomas Place |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Patoloxía e fisioloxía |
| Ocupación | médico, bacteriólogo, patólogo, fisiólogo, bioquímico, profesor universitario, científico |
| Empregador | Universidade de Utrecht. Faculty of Medical Sciences (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Hixiene |
| Familia | |
| Irmáns | Johann Frederik Eijkman |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эйкман Христиан) Onze Hoogleeraren (en) |
Christiaan Eijkman, nado en Nijkerk, Países Baixos, o 11 de agosto de 1858 e finado en Utrecht, Países Baixos, o 5 de novembro de 1930, foi un fisiólogo neerlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1875 empezou os seus estudos de medicina na Escola Médica Militar da Universidade de Ámsterdam, obtendo a licenciatura e converténdose en oficial médico militar. De 1879 a 1881, foi asistente de fisioloxía na devandita universidade. En 1883 trasladouse a Sumatra e, dous anos máis tarde, a Xava, onde foi contaxiado de paludismo, o que fixo que regresase a Holanda. Xa en Europa, traballa aspectos relacionados coa bacterioloxía con Robert Koch na Universidade de Berlín.
Durante a súa estancia en Xava (de 1886 a 1897), descubriu que as galiñas alimentadas con arroz sen casca desenvolvían polineuritis (enfermidade similar ó beriberi), en tanto que as que o comían con casca permanecían sas, chegando á conclusión de que a enfermidade podía deberse á falta de certas substancias non coñecidas, que máis tarde serían chamadas vitaminas. Este traballo de investigación, o primeiro dos realizados sobre as enfermidades por carencias na dieta, levou máis tarde ó descubrimento da vitamina B1 (tiamina).
Por estes descubrimentos, foi galardoado en 1929 co Premio Nobel de Medicina, compartido con sir Frederick Gowland Hopkins.
De regreso ó seu país, entre 1898 e 1928 foi profesor na Universidade de Utrecht.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christiaan Eijkman |