Jules Bordet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jules Bordet
Datos persoais
Nacemento13 de xuño de 1870
LugarSoignies (Bélxica)
Falecemento6 de abril de 1961, 90 anos
LugarBruxelas
SoterradoIxelles Cemetery
ResidenciaBélxica, Francia
NacionalidadeBelga
Actividade
Campomedicina, inmunoloxía, microbioloxía
Alma máterUniversidade Libre de Bruxelas
Director de teseIlya Ilyich Mechnikov
Contribucións e premios
Coñecido porPolo achado dun factor bactericida presente no soro do sangue dos mamíferos, coñecido como complemento
PremiosPremio Nobel de Medicina (1919)
editar datos en Wikidata ]

Jules Jean Baptiste Vincent Bordet, nado en Soignies o 13 de xuño de 1870 e finado o 6 de abril de 1961, foi un médico inmunólogo e microbiólogo belga. O xénero de bacterias Bordetella recibe ese nome polo seu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Física na Universidade Libre de Bruxelas e empezou a traballar no Instituto Pasteur de París en 1894. En 1899 fundou o Instituto Pasteur en Bruxelas.

No ano 1919 concedéuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo achado da capacidade bactericida do soro do sangue dos mamíferos, acción mediada por dous compoñentes, un termoestable, os anticorpos e outro termolábil, coñecido como complemento, e pola definición da ligazón no complexo antíxeno-anticorpo, a chamada fixación de complemento, para producir inmunidade.

Foi o descubridor do bacilo que produce a tose ferina, o Bordetella pertussis e desenvolveu unha vacina contra a enfermidade.

En 1933 preside o Consello Científico do Instituto Pasteur de París

Honras[editar | editar a fonte]

En Bruxelas atópase o gran hospital que se chama Jules Bordet.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]