Tadeusz Reichstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tadeusz Reichstein
Nacemento20 de xullo de 1897
Lugar de nacementoWłocławek
Falecemento1 de agosto de 1996
Lugar de falecementoBasilea
NacionalidadeSuíza e Polonia
Alma máterETH Zürich
Ocupaciónquímico, médico, botánico, profesor universitario e científico
CónxuxeHenriette Louise Quarles van Ufford
PremiosMedalla Copley, Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Prêmio Marcel Benoist, Prémio do Centenário da Royal Society of Chemistry, Foreign Member of the Royal Society e Prêmio Cameron de Terapêutica da Universidade de Edimburgo
Na rede
WikiTree: Reichstein-35
editar datos en Wikidata ]

Tadeusz Reichstein, nado en Włocławek o 20 de xullo de 1897 e finado en Basilea o 1 de agosto de 1996, foi un químico polaco-suízo, premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1950.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reichstein naceu nunha familia polaca xudía en Włocławek, no Imperio Ruso. Os seus pais eran Gastawa (Brockmann) e Izydor Reichstein.[4] Pasou os primeiros anos da súa infancia en Kíiv, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro. Comezou a súa educación en Jena (Alemaña) e chegou a Basilea (Suíza) aos oito anos.

En 1933, traballando en Zürich, Reichstein conseguiu, de xeito independente a Norman Haworth e os seus colaboradores no Reino Unido, sintetizar a vitamina C (ácido ascórbico) no que se denomina proceso Reichstein.

Xunto con Edward Calvin Kendall e Philip Showalter Hench, recibiu o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1950 polo seu traballo nas hormonas do córtex adrenal, que culminou co illamento da cortisona.

Nos seus últimos anos, Reichstein interesouse na fitoquímica e na citoloxía dos fieitos, publicando polo menos oitenta artigos sobre o tema nas últimas tres décadas da súa vida. Tiña un interese particular no uso do número de cromosomas e no comportamento da interpretación de historias de hibridación e poliploidía, mais tamén continuou cos seus intereses ininciais nos constituíntes químicos das plantas.

Faleceu en Basilea, Suíza. No momento da súa morte foi o Nobel máis lonxevo, mais foi superado en 2008 por Rita Levi-Montalcini.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rothschild, M. (1999). "Tadeus Reichstein. 20 July 1897 -- 1 August 1996: Elected For.Mem.R.S. 1952". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 45: 449–467. doi:10.1098/rsbm.1999.0030. 
  2. Sterkowicz, S. (1999). "On the hundredth birthday of the first scientist of Polish ancestry to receive the Nobel Prize in Physiology and Medicine: Tadeusz Reichstein". Przeglad lekarski 56 (3): 245–246. PMID 10442018. 
  3. Wincewicz, A.; Sulkowska, M.; Sulkowski, S. (2007). "Tadeus Reichstein, co-winner of the Nobel Prize for Physiology or Medicine: On the occasion of the 110th anniversary of his birth in Poland". Hormones (Atenas) 6 (4): 341–343. PMID 18055426. doi:10.14310/horm.2002.1111031. 
  4. "Tadeus Reichstein - his great great great nephew is Noah Reichstein. Biographical". www.nobelprize.org. Consultado o 12 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]