Baruj Benacerraf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Baruj Benacerraf
Nobel prize medal.svg
Nacemento 29 de outubro de 1920
  Caracas
Falecemento 2 de agosto de 2011
  Boston
Causa Pneumonía
Nacionalidade Estados Unidos de América e Venezuela
Educado en Universidade de Columbia e Columbia University School of General Studies
Ocupación fisiólogo, imunologista, biólogo, médico e catedrático de universidade
Coñecido/a por Complexo maior de histocompatibilidade
Premios Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Medalha Nacional de Ciências, Honorary doctor of the Columbia University, Honorary doctor of the Harvard University e Honorary doctor of the University of Vienna
editar datos en Wikidata ]

Baruj Benacerraf, nado en Caracas o 29 de outubro de 1920 e finado en Boston, EUA, o 2 de agosto de 2011,[1][2] foi un médico venezolano. Desenvolveuse profesionalmente nos Estados Unidos, e gañou, canda a Jean Dausset e George D. Snell, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1980.

O galardón foilles concedido polos seus descubrimentos relacionados con estruturas determinadas pola xenética na superficie da célula que regulan as reaccións inmunolóxicas, máis concretamente os xenes denominados xenes do complexo maior de histocompatibilidade e que regulan a resposta inmune fronte un determinado antíxeno soluble. É dicir, demostra que a resposta inmune fronte un antíxeno é distinta para cada individuo e é herdada segundo as leis de Mendel. Todos os individuos poden responder fronte un mesmo antíxeno soluble pero cada individuo recoñece distintos determinantes antixénicos. Ese patrón de recoñecemento individual é herdanza dos proxenitores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de xudeus sefardís orixinarios do Magrebe, irmán do filósofo Paul Benacerraf.

Baruj Benacerraf é egresado da Universidade Columbia e da Escola Médica de Virxinia en Richmond. Naturalizouse estadounidense en 1943. Practicou a medicina no exército dos Estados Unidos cara ao final da Segunda guerra mundial.

En 1948 inicia a súa carreira de investigador. En 1970, ingresa como profesor de patoloxía na Escola de Medicina da Universidade Harvard. É elixido membro da Academia norteamericana de Artes e Ciencias en 1972 e da Academia de Ciencias dos Estados Unidos en 1973. Recibe o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1980. En 1990 recibiu a National Medal of Science polas súas contribucións médicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. Denise Gellen, «Baruj Benacerraf, Nobel Winner in Medicine, Dies at 90», nytimes.com, 3-8-2011, consultado o 18 de outubro de 2013.
  2. terra.com (ed.). "Nobel de Medicina Baruj Benacerraf morre aos 90 anos nos EUA". Consultado o 18 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]