Charles Louis Alphonse Laveran
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xuño de 1845 París, Francia |
| Morte | 18 de maio de 1922 París, Francia |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
| Educación | Liceo Louis-le-Grand Faculté de médecine de Strasbourg (en) |
| Director de tese | Émile Küss |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Malaria e medicina |
| Ocupación | microbiólogo, investigador, botánico, parasitólogo, bacteriólogo |
| Empregador | Instituto Pasteur French Defence Health service (en) |
| Membro de | |
| Interesado en | Parasitoloxía |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Guerra franco-prusiana |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Laveran |
| Familia | |
| Cónxuxe | Sophie-Marie Pidancet |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лаверан Шарль Луи Альфонс) Obálky knih, |
Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Militar de Medicina de Estrasburgo e serviu como cirurxián do exército na guerra franco-prusiana. En 1878 foi enviado a Alxeria como membro da Escola Militar de Medicina de Val-de-Grâce, onde se dedicou a estudar o paludismo. Froito destes estudos foi o descubrimento do plasmodio, parasito produtor da enfermidade, aínda que non conseguiu determinar o mecanismo de transmisión da malaria, que sería descuberto por Ronald Ross uns anos máis tarde.
O 6 de novembro de 1880 observou por primeira vez no microscopio -nun preparado de sangue dun enfermo de paludismo-, corpúsculos móbiles, que debuxou e describiu de maneira detallada. "Trátase de células pigmentadas, redondas ou curvadas en forma de media lúa, que se moven como amebas".
En 1894 pasou a prestar servizos no Instituto Pasteur de París, que chegou a dirixir máis tarde. En 1907 fundou o Laboratorio de Enfermidades Tropicais do mesmo Instituto.
Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1907 «en recoñecemento do seu traballo relativo ó papel desempeñado polos protozoos na orixe das enfermidades».
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charles Louis Alphonse Laveran |