Karl von Frisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Ritter von Frisch
Nobel prize medal.svg
Karl von Frisch - Atelier Veritas, c. 1926.jpg
Datos persoais
Nacemento20 de novembro de 1886
LugarViena
Falecemento12 de xuño de 1982
LugarMúnic
SoterradoFriedhof am Perlacher Forst
NacionalidadeAustria
FillosOtto von Frisch
Actividade
Campoetoloxía
Alma máterUniversidade de Viena e Universidade de Múnic
Director de teseHans Leo Przibram
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1973
Autogramm v. Frisch.jpg
editar datos en Wikidata ]

Karl Ritter von Frisch, nado en Viena o 20 de novembro de 1886 e finado en Múnic o 12 de xuño de 1982, foi un científico alemán, considerado un dos pais da Etoloxía. Estudou zooloxía na Universidade de Múnic, e desenvolveu o seu labor investigador no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock e no de Breslau.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da Universidade de Múnic e a súa esposa Marie, naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de zooloxía e anatomía comparada.

En 1921 foi á Universidade de Rostock como profesor e director na facultade de zooloxía; en 1923 trasladouse a Breslau e en 1925 regresou co seu antigo profesor Richard Hertwig a Múnic. Coa axuda da Fundación de Rockefeller supervisou o novo edificio do instituto zoolóxico que se construía. Logo da destrución do Instituto durante a segunda guerra mundial, foi á Universidade de Graz (Austria) en 1946, pero regresou a Múnic 1950 despois de que abrisen de novo o instituto. Foi Profesor Emérito dende 1958 e continuou cos seus estudos científicos.

Investigacións[editar | editar a fonte]

En 1910 comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En 1919 comezou a estudar os insectos, especificamente as abellas, demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar varios gustos e cheiros e que o sentido do olfacto é similar ao dos seres humanos, pero o sentido do gusto é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos danza da abella e mediante o movemento vibratorio do seu abdome (meneo) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En 1949 puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como compás para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados.

Sen dúbida as súas achegas á apicultura foron enormes, dado que delas desprendéronse coñecementos como o rango de acción da especie Apis mellifera . Outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Konrad Lorenz e Nikolaas Tinbergen

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]